Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.761

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 120/1996 do 14 de marzo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto da parcela A-E-3 de 3.142 m, sita no polígono de Coia, concello de Vigo, feita a favor do Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

O Concello de Vigo, en sesión celebrada o día trinta de novembro de mil novecentos noventa e cinco acorda cederlle gratuitamente ó Servicio Galego de Saúde a parcela A-E-3 de 3.142 m, sita no polígono de Coia, concello de Vigo, para a construcción dun centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia, para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco, se ben non se consideran cargas, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo detino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e coas condicións estipuladas no acordo do Pleno do Concello do 30 de novembro de 1995, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dun inmoble, propiedade do Concello de Vigo, feita a favor do

Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

2. A parcela A-E-3 cedida ten unha superficie de 3.142 m e está situada no polígono de Coia, concello de Vigo, sendo os seus lindes os seguintes:

-Ó norte: bloque edificios 2,4 e 6.

-Ó sur: camiño Figueirido.

-Ó leste: camiño Figueirido.

-Ó oeste: rúa Ponteareas.

3. A parcela obxecto de cesión está inscrita no Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo a favor do Concello de Vigo, por título de compravenda, no libro 207, folio 157, e no libro 772, folio 110, predio nº 19.557, inscrición cuarta.

Artigo 2º

O inmoble cédese libre de cargas e destinarase á construcción dun centro de saúde.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde a través do seu órgano competente procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público, inscribíndose no Rexistro da Propiedade o seu nome e integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde

9601971