Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.752

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 26 de febreiro de 1996 pola que se establece unha campaña durante 1996 para a regularización das tarxetas de inspección técnica dos vehículos agrícolas.

A Orde de 27 de abril de 1977, da Presidencia do Goberno (BOE 4-5-1977), modificada por Orde de 26 de xuño de 1978 (BOE 8-7-1978), establecía o procedemento de matriculación dos vehículos especiais e o troco das matrículas ordinarias pola

de placa VE, o prazo para iso rematou o 1 de outubro de 1978.

Por outra banda, o R.D. 2140/1985, do 9 de outubro (BOE do 19 de novembro de 1985, e do 18 de decembro de 1985), polo que se regula a homologación de tipo de vehículos automóbiles, remolques e semirremolques establece no artigo 1 que tódolos vehículos automóbiles e os seus remolques, os tractores agrícolas e os seus remolques, deberán corresponder a tipos homologados como condición previa para que poidan ser matriculados para a súa circulación polas vías públicas do territorio nacional.

A disposición derradeira primeira de dita norma indica que as datas de obrigatoriedade para a homologación de tipo dos tractores agrícolas será a partir do 18 de xaneiro de 1986 e para os remolques agrícolas a partir do 18 de xaneiro de 1987.

O R.D. 2042/1994, do 14 de outubro, polo que se regula a inspección técnica de vehículos (BOE 17-11-1994) inclúe dentro do seu campo de aplicación ós tractores agrícolas, maquinaria agrícola autopropulsada, remolques agrícolas e outros vehículos agrícolas especiais.

Tendo en conta que a operación bloque se realizou sen ver fisicamente os vehículos e se asignou nº de bastidor sen comprobar a súa existencia, nin supervisa-la gravación ó asignado e obte-lo correspondente facsímil, existe un elevado número de vehículos con erros e reformas sen legalizar, así como omisións da operación bloque.

Dada a preocupación existente no colectivo de titulares de vehículos agrícolas, que a través dos seus representantes expresaron o desexo de regulariza-la situación deles e tendo en conta que os vehículos con documentación inadecuada ou inexistente así como os non matriculados, vén cercenada a posibilidade de sometelos a inspección técnica periódica, o que implica unha diminución real da seguridade vial, ó non poder comprobarse periodicamente o estado dos vehículos.

Por todo o indicado, considérase que debe facilitarse unha solución ó problema suscitado que permita, durante un prazo limitado de tempo, regulariza-la situación dos vehículos agrícolas, de titulares que así o soliciten, mediante a expedición de tarxeta ITV, logo da Inspección Técnica Unitaria con resultado favorable na que se comprobará, en todo caso, que os vehículos cumpren cos requisitos que para circular esixe a normativa vixente.

Na súa virtude e de acordo coas competencias que me foron transferidas,

DISPOÑO:

Artículo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto regulariza-la situación dos vehículos agrícolas, de titulares que o soliciten, mediante a expedición da tarxeta ITV,

logo da inspección técnica unitaria con resultado favorable.

Artículo 2º.-Ámbito de aplicación.

As normas contidas na presente orde serán de aplicación ós vehículos agrícolas incluidos no campo de aplicación do R.D. 2042/1994, do 14 de outubro, polo que se regula a inspección técnica de vehículos.

Así mesmo, aplicaranse ós remolques agrícolas fabricados con anterioridade á entrada en vigor do R.D. 2140/85, do 9 de outubro.

Artículo 3º.-Prazo.

O prazo para acollerse ó disposto na presente orde rematará o 31 de decembro de 1996.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorizase a Dirección Xeral de Industria para adopta-las medidas necesarias para a aplicación da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

96-1487