Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.751

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 118/1996, do 14 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea, a 66 kV Zarzo-Aranga, nos concellos de Paderne, Coirós e Aranga (A Coruña) (expediente número 52547).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Fernando Macías nº 2 da Coruña, solicitou desta consellería, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 66 kVde 11.900 m de lonxitude en simple, conductor tipo LA-180, de 181,60 mm, sobre apoios metálicos, con orixe na subestación que se vai instalar na central hidroeléctrica de Zarzo, discorrendo polos termos municipais de Paderne, Coirós e Aranga, ata a subestación que se vai instalar en Aranga (A Coruña) (Expte. número 52547).

A dita instalación autorizouse e declarouse de utilidade pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 15-2-1995, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 1-4-1993, no BOP da Coruña do 27-4-1993, e no BOE do 5-5-1993. O proxecto de execución daquela aprobouse por resolución do citado órgano do 4-5-1994.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente, en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 17-3-1995, no BOP da Coruña do 23-3-1995, no xornal El Ideal Gallego do 24-3-1995, e nos taboleiros de anuncios das casas do concello de Paderne, Coirós e Aranga e nos de delegación provincial, ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás ós propietarios dos predios número 2, 4, 6, 16 e 24 do concello de Paderne, e 236 do de Aranga, que por resultar descoñecidos, déuselle traslado das actuacións practicadas ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período en que se someteu a trámite de información pública, formularon alegacións de desconformidade coa valoración dos bens obxecto da expropiación os propietarios dos predios número 17 e 21 do termo municipal de Paderne, 8 e 83 de Coirós, e 34, 174, 186, 189, 218 e 221 do concello de Aranga, as cales non se teñen en conta por corresponder a outra fase do procedemento. Os titulares dos predios número 1, 17 e 21 do concello de Paderne; 8, 47, 51 e 83 do de Coirós; e 34, 64, 107, 116, 131 e 234 do termo municipal de Aranga; solicitan diversa información sobre a afección da liña eléctrica ós seus bens que se van expropiar, a cal lle foi oportunamente facilitada pola empresa beneficiaria da liña eléctrica. Existía, así mesmo, erro na titularidade dos predios número 16 de Paderne; 15, 22, 83, e 92 de Coirós; e 40,

41, 42, 43, 44 e 45 de Aranga; os cales foron rectificados, coa comunicación ó verdadeiro titular en cada caso.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, puidose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan os supostos

prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para estas instalacións.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea con orixe na subestación da central hidroeléctrica de Zarzo e final na subestación de Aranga.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse nos termos municipais de Paderne, Coirós e Aranga (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

2037