Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.750

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 117/1996, do 7 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica L.M.T. ó centro de transformación de Rebordelo. (Expediente 3960-A.T.).

Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio para efectos de notificacións na r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002-Lugo, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio a con

cesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 20 kV de 1.242 m de lonxitude, conductor LA-30, apoios de formigón e torres metálicas, con orixe na L.M.T. Vilapedre e Cotelo-Costa e final no C.T. intemperie de 50 kVA, proxectado en Rebordelo, no concello de Vilalba (Lugo); expediente nº: 3960-AT.

A devandita instalación foi autorizada, declarada de utilidade pública e aprobado o seu proxecto de execución, por Resolución do 24-3-94 da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 15-6-94, no BOP de Lugo do 8-11-94, no BOE do 5-5-94, e no xornal O Progreso de Lugo do 6-4-94.

A solicitude de urxente ocupación, fíxose con base no disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 25-10-94, no BOP de Lugo do 14-12-94, no xornal El Progreso de Lugo do 27-9-94, e a simple referencia no BOE do 19-10-94; ó mesmo tempo, na forma regulamentaria, notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás ó propietario do predio nº 9 que, por estar en paradoiro descoñecido, se lle deu traslado das actuacións practicadas ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período no que se someteu ó trámite de información pública, formulou escrito de alegacións a afectada Sofía Lorenzo Polo, como consecuencia do cal se corrixiron as titularidades dos predios nº 55 e 59, coa notificación ós verdadeiros titulares en cada caso. Non se entra na valoración doutras consideracións realizadas pola citada, ó corresponder a outra fase do procedemento.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado, segundo o proxecto reformado, para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía BEGASA, xa que con esta liña se pretende amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica

nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para esta instalación.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4º da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., da liña eléctrica aérea, a 20 kV de alimentación ó C.T. de Rebordelo.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Vilalba, da provincia de Lugo, e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, sete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9602141