Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 290/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. e un C.T. e Cabreira-Granxa, concello de Salvaterra, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Electra Alto Miño a instalación dunha R.B.T. e un C.T. e Cabreira-Granxa, concello de Salvaterra.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-1483