Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Patinaxe.

Vistos os estatutos da Federación Galega de Patinaxe e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 29-12-1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995 de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

estatutos da Federación Galega de Patinaxe

Capítulo I

Réxime xurídico

Artigo 1º

A Federación Galega de Patinaxe no sucesivo FGP, é a entidade privada de utilidade pública que, sen ánimo de lucro reúne dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega, a deportistas, técnicos, xuices/árbitros e clubes adicados a práctica do deporte de patinaxe sobre rodas na modalidade de hockey sobre patíns e nas especialidades de artístico e danza, de velocidade e hockey en liña, sendo o seu obxecto a promoción, organización e densenvolvemento en todo o territorio de Galicia.

Enténdese por clubs deportivos, as asociacións privadas integradas por persoas físicas ou xurídicas, que teñan por obxecto a promoción ou a práctica do patinaxe polos seus asociados, así como a participación en actividades e competicións deportivas. Tódolos clubs deberán inscribirse no correspondente rexistro de asociacións deportivas.

O recoñecemento para efectos deportivos dun club acreditarase mediante a certificación da inscrición a que se refire o apartado anterior.

Para participar en competicións de carácter oficial, os clubs deberán inscribirse previamente na Federación Galega de Patinaxe.

A FGP goza de personalidade xurídica propia e de plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins; exerce por delegación funcións de carácter administrativo, en calidade de axente colaborador da Administración pública, e réxese polas disposicións contidas na Lei 10/1990, de 15 de outubro, do deporte, no Decreto 228/1994 de 14 de xullo, sobre federacións deportivas galegas e a Orden de 28 de xullo de 1995 e as súas correspondentes nor

mas de desenvolvemento de ámbolos corpos legais; polos presentes estatutos e o seus regulamentos específicos; e polos acordos validamente adoptados polos seus órganos de goberno e representación.

Artigo 2º

1. A Federación Galega de Patinaxe, ademais das súas actividades propias de goberno, administración, xestión, organización e regulamentación de todo o patinaxe sobre rodas, exerce baixo a coordinación e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo:

a) Cualificar e organizar, se é o caso, as actividades e competicións oficiais de ámbito autonómico.

Para estes efectos a organización de tales competicións debe entenderse referida a regulación do marco xeral que para elas se establece no artigo 15 dos presentes estatutos.

b) Deseñar, elaborar e executar, os plans de preparación dos deportistas de alto nivel, así como participar na elaboración das listas anuais deles.

c) Colaborar coa Federación Española de Patinaxe na formación de técnicos deportivos e na prevención, control e represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos e métodos non regulamentarios no deporte.

d) Colaborar na organización das competicións oficiais de carácter nacional e internacional que se celebren na Comunidade Autónoma de Galicia. A FGP non podera solicitar, ou comprometerse a organizar competición ningunha das sinaladas no punto anterior sen a previa consulta á Secretaría Xeral para o Deporte.

e) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva nos termos establecidos na Lei do deporte, as súas específicas disposicións de desenvolvemento e os presentes estatutos e regulamentos de aplicación.

f) Exerce-lo control das subvencións que se asignen os clubs nas condicións que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte.

g) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

2. A FGP desempeñará, respecto ós seus asociados, as funcións de tutela, control e supervisión que lle recoñece o ordenamento xurídico deportivo.

3. Os actos realizados pola FGP no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo, son susceptibles de recurso ante o conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, esgotando as súas resolucións a vía administrativa.

Artigo 3º

A FGP ten o seu domicilio social na Coruña, Complexo Deportivo Elviña - O Birloque, S/N e dispón dunha oficina en Vigo na Avda. da Florida, 9 - 3º Ofc. 5. A FGP poderá establecer, ademais oficinas ou dependencias en calquer outra localidade dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia da Xunta de Galicia, pero deberá contar para iso coa previa autorización da asemblea.

Artigo 4º

O ámbito de la FGP no desenvolvemento das competencias que lle son propias, esténdese ó conxunto do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5º

Na súa condición de membro afiliado a Federación Española de Patinaxe. A FGP ostenta con carácter exclusivo a representación de Galicia en todas e cada unha das actividades deportivas federadas que se practican sobre patíns de rodas e que se indican no artigo 1º dos presentes estatutos.

A FGP acepta e obrígase a cumpri-los estatutos da FEP, todo iso, desde logo, dentro do ordenamento xurídico español.

E tendo en conta que a FEP está recoñecida polo Comité Olímpico Internacional (COI), no ámbito da súa actividade a FGP acata as reglas que rexen no dito organismo e as normas dimanantes do comité olímpico español (COE).

Artigo 6º

A FGP ostenta a representación de Galicia nas actividades e competicións deportivas do patinaxe sobre rodas que se celebren fora e dentro do territorio galego, tendo para este efecto a competencia da elección dos deportistas que constituiran as correspondentes seleccións galegas. En todo caso, para organizar, solicitar ou comprometer este tipo de actividades será precisa a autorización previa da Secretaría Xeral para o Deporte, conforme ó ordenamento desta sobre actividades e representacións deportivas nacionais e internacionais.

Capítulo II

Órganos de goberno e representacion

Artigo 7º

Os órganos de goberno e representación na FGP, serán necesariamente a asemblea xeral e o presidente. No seo da asemblea xeral constituirase unha comisión delegada, de asistencia a aquela.

Como órganos complementarios dos de goberno e representación, e para asistir ó presidente na estructura dunha FGP integranse unha xunta directiva, un tesoureiro e un secretario da federación.

Son órganos electivos a asemblea xeral, a súa comisión delegada e o presidente; éste, libremente, poderá designar e revoga-los órganos complementarios, se ben dará conta da súa decisión a tódolos membros da asemblea xeral e a Secretaría Xeral para o Deporte nun prazo máximo de quince días a partir da data do seu nomeamento.

Artigo 8º

A convocatoria ás reunións dos órganos de goberno e representación da FGP, asi como dos órganos complementarios colexiados, corresponde ó seu presidente, que é o da FGP, e deberá ser notificada ós seus membros, acompañada do orden do día, cos prazos de antelación previstos nos presentes estatutos.

Artigo 9º

Os órganos de goberno e representacion da FGP e o complementario xunta directiva, quedarán vali

damente constituídos, aínda que non se cumpliran os requisitos da convocatoria, sempre que concorran tódolos seus respectivos membros e así o acorden por unanimidade.

Artigo 10º

De tódolos acordos adoptados nas reunións dos órganos de goberno e representación da FGP e do complementario xunta directiva levantarase acta polo secretario da federación.

Nese documento, especificaranse os nomes das persoas asistentes ás ditas reunións e daquelas que interviñeron nelas; as circunstancias que se consideren pertinentes; o resultado da votación ou votacións, se as houbese e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado, así como as abstencións debidamente motivadas.

No suposto de que na estructura da FGP e a pesar do establecido no Art. 7º dos presentes estatutos, non se incorporase a figura do secretario da federación, o presidente desta será o responsable das funcións fedatarias, as cales, non obstante, poderá delegar na persoa que considere oportuno.

Artigo 11º

Os acordos dos órganos de goberno e representación da FGP e do complementario xunta directiva, adoptaranse por maioría simple de asistentes, salvo naqueles casos nos que se prevexa outra cousa polas leis e nos presentes estatutos.

Aínda que a validez dos ditos acordos condiciona por igual a tódolos integrantes da organización federativa, incluídos os disidentes ou discrepantes, os votos contrarios a aqueles e as abstencións motivadas eximirán das responsabilidades que, se é o caso, puideran derivarse de tales acordos

Sección primeira

A asamblea xeral

Artigo 12º

A asemblea xeral é o órgano superior de goberno e representación da FGP e, como tal, exerce o control da xestión federativa, tanto desde o punto de vista deportivo como desde os aspectos económico-financeiro e administativo.

O número de membros, será fixado polo Regulamento electoral, de tal xeito que queden representados os estamentos de clubs, deportistas, xuíces-árbitros, técnicos e calquera outro colectivo, segun sinala o artigo 1 apartado 1, do decreto regulador das federacións deportivas galegas.

Os presidentes da FGP, saíntes do último mandato, terán acceso ás sesións da asemblea xeral, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo 13º

Os membros da asemblea xeral serán elixidos cada catro anos, con carácter ordinario, en coincidencia cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno, por sufraxio libre, igual, directo e secreto, por e entre os integrantes de cada un dos estamentos deportivos que configuran o expresado órgano superior.

As vacantes que se produzan, serán cubertas cada dous anos mediante o proceso electoral previsto no correspondente regulamento, sempre e cando este número de vacantes supere o 15% do total de membros da asemblea.

Os elixidos para cubri-las vacantes a que se alude no parágrafo anterior, ostentarán un mandato polo tempo que falte ata as próximas eleccións xerais á asemblea.

Artigo 14º

Os membros da asemblea xeral, electos pola súa condición persoal, cesarán:

a) Por falecimento.

b) Por demisión.

Por convocatoria de novas eleccións xerais.

Por non ser titulares da licencia deportiva correspondente ó estamento ó que representa.

Artigo 15º

A asemblea xeral poderase reunir en pleno ou en comisión delegada. En sesión plenaria, reunirase unha vez ó ano, con carácter ordinario, dentro do primeiro trimestre, para tratar de maneira necesaria e independentemente do asignado ó dito órgano superior nos presentes estatutos e que máis adiante se expresará dos seguintes asuntos:

a) A aprobación do orzamento anual e a súa liquidación.

b) A aprobación do calendario deportivo e as bases e regulamentos que rexerán as competicións.

c) A aprobación da memoria deportiva das actividades anuais.

d) Análise da xestión económica do ano anterior con aprobación, se procede.

Artigo 16º

As demais reunións da asemblea xeral terán carácter extraordinario e poderán ser convocadas a iniciativa do presidente, da comisión delegada, por maioría, ou dun número de membros da asemblea non inferior ó 25%.

Corresponderá de forma específica a asemblea xeral extraordinaria deliberar, tratar e resolver sobre os seguintes asuntos:

a) Aprobación e modificación de estatutos da FGP.

b) Elección e cesamento do presidente.

c) Mocións de censura.

d) Aprobación, por maioría de dous tercios dos asistentes, do gravame e alleamento dos bens inmobles.

e) A elección da súa comisión delegada, e a súa eventual renovación.

f) Aprobación da solicitude e contratación de préstamos.

g) Aprobación por maioría de dous tercios dos asistentes, da emisión de títulos transmisibles representativos de débedas ou de parte alícuota do patrimonio da FGP.

h) Disolución da federación, sen perxuízo das competencias que nesa materia corresponden á Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 17º

As convocatorias para as reunións da asemblea xeral que corresponde ó presidente da FGP, deberán notificarse ós seus membros acompañadas da orden do día cun mínimo dun mes de antelación a data na que se vaian celebrar aquelas.

Nos casos de urxencia debidamente xustificados, o mencionado prazo de tempo poderase reducir a 10 días naturais para que os membros da asemblea xeral poidan comparecer na reunión a que sexan convocados co dito carácter.

Nos casos en que se deba convocar con carácter extraordinario a asemblea xeral, para tratar dunha moción de censura ó presidente, será de aplicación o procedemento e prazos sinalados no artigo 33º dos presentes estatutos.

Artigo 18º

Para que unha reunión da asemblea xeral poida celebrarse validamente, requerirase que, en primeira convocatoria, estea presente a maioría dos seus membros e en segunda convocatoria, calqueira que sexa o número de asistentes. Entre ambas convocatorias, deberá transcurrir un espacio de tempo non inferior a media hora.

Sección segunda

A comisión delegada da asemblea xeral

Artigo 19º

A comisión delegada da asemblea xeral da FGP é o órgano representativo dela, entre asemblea e asemblea que exerce funcións de coordinación en xeral e ocupase da preparación das cuestións ou asuntos que deban ser tratados nas reunións de dito órgano superior.

O número de membros da comisión delegada será o 15% dos membros da asemblea xeral e en ningún caso será inferior a 5 nin superior a 15.

Esta representación designarase por e entre os membros da asemblea xeral da FGP.

Artigo 20º

Os compoñentes da comisión delegada, que serán membros da asemblea xeral da FGP, elixiranse cada catro anos na forma expresada no artigo anterior, se ben poderán cubrirse anualmente as vacantes que se produzan, polo seguinte candidato máis votado, neste caso os elixidos para ocupalas ostentarán un mandato polo tempo que falte ata as vindeiras eleccións á asemblea xeral.

O cesamento dos membros da comisión delegada da asemblea xeral da FGP, producirase polas causas que se indican no artigo 14º dos presentes estatutos.

Artigo 21º

A comisión delegada reunirase, como mínimo, unha vez cada catro meses, por proposta do pre

sidente e o seu mandato coincidirá co da asemblea xeral da FGP.

Corresponde a comisión delegada da asemblea xeral, con independencia do asignado a mesma nos presentes estatutos e que despois se indicará, o tratamento das seguintes cuestións:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) As modificacións do calendario deportivo.

c) As modificacións dos orzamentos e os regulamentos.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica da FGP.

As modificacións, dos puntos b) e c), non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea estableza.

A proposta sobre estes temas corresponde exclusivamente ó presidente da FGP ou a dous tercios dos membros da comisión delegada.

Artigo 22º

As convocatorias para as reunións da comisión delegada da asemblea xeral da FGP, que corresponde ó presidente da FGP, deberán notificarse ós seus membros acompañadas do orden do día cun mínimo de quince días de antelación a data na que vaian celebrar aquelas.

Nos casos de urxencia debidamente xustificados, o mencionado prazo de tempo poderá reducirse a sete días para que os membros da comisión poidan comparecer a reunión a que sexan convocados con dito carácter. En canto ós requisitos para validez destas reunións rexiranse polas normas contidas no artigo 17º dos presentes estatutos.

Ás reunións da comisión delegada, poderán asisti-los asesores da xunta directiva, que o presidente estime oportuno, con voz pero sen voto.

Seccion terceira

O presidente

Artigo 23º

O presidente da FGP é o órgano executivo dela. Ostenta a súa representación legal; convoca e preside os órganos de goberno e representación e executa os acordos destes.

Ademais desas responsabilidades específicas, corresponde ó presidente a de designar e revogar, libremente, os membros da xunta du¡irectiva e os presidentes dos comités técnicos galegos.

Artigo 24º

O rpesidente da FGP será elixido cada catro anos, en coincidencia cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto, polos membros da asemblea xeral daquela.

Os candidatos ó cargo de presidente da FGP, que poderán non ser membros da asemblea xeral dela, deberán ser presentados, como mínimo, polo 10% dos membros do dito órgano superior e a súa elección

levarase a cabo por un sistema de dobre volta no caso de que nunha primeira volta ningún dos candidatos presnetados acadase a maioría absoluta dos votos emitidos.

Artigo 25º

No caso de que, excepcionalmente, quede vacante a presidencia antes de que transcorra o prazo de catro anos que se menciona no artigo anterior, a asemblea xeral da FGP procederá a nova elección para cubri-la dita vacante polo tempo que falte ata a terminación do período correspondente ó mandato ordinario. O procedemento para esta nova elección axustarase á orientación que se expresa no artigo anterior.

Artigo 26º

O presidente da FGP serao tamén da asemblea xeral e da comisión delegada, con voto de calidade no caso de empate na adopción de acordos nas sesións plenarias da asemblea xeral e na comisión delegada.

Artigo 27º

O candidato a presidente deberá reuni-las condicións seguintes:

a) Te-la condición política de galego, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

b) Ser maior de idade.

c) Estar en uso dos dereitos civís.

d) Non ter incorrido en ningunha sanción deportiva que o inhabilite.

Artigo 28º

O cargo de presidente da FGP poderá ser remunerado. O acordo para esa decisión e para determina-la contía da posible retribución ó presidente deberá adoptarse pola asemblea xeral da FGP en sesión extraordinaria e requirirá o voto favorable da metade máis un dos membros presentes na dita sesión.

Conforme o sinalado no artigo 21 da Orde do 28 de xullo de 1995, a remuneración bruta que a asemblea xeral acorde para o cargo de presidente, incluídos os gastos sociais legalmente establecidos, non poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que a FGP reciba da Administración.

En todo caso, a remuneración do presidente da FGP concluirá ó remate do seu mandato, sen que tal remuneración poida estenderse máis alá da duración do mesmo.

Artigo 29º

Así mesmo, a asemblea xeral da FGP determinará o réxime de dedicación do presidente, para o que terá en conta as circunstancias de toda índole que concorran na organización funcional da FGP e a necesaria relación función/tempo; a este respecto, deberá entenderse que o desempeño do cargo de presidente da FGP será causa de incompatibilidade para ocupar postos directivos noutra federación deportiva galega ou en calquera club que teña como

fin primordial a práctica do hóckey sobre patíns e de calquera das especialidades deportivas integradas na FGP.

Tamén será incompatible o cargo de presidente da FGP coa actividade como deportista, técnico, xuíz ou árbitro de calquera modalidade ou especialidade deportiva integrada na FGP, tanto no ámbito desta como no nacional, sen prexuízo de non perde-la súa condición.

Artigo 30º

O presidente da FGP cesará:

a) Por transcurso do tempo para o que foi elixido.

b) Por falecemento.

c) Por demisión.

d) Por moción de censura aprobada pola asemblea extraordinaria.

e) Por incorrer nalgunha das causas de incompatibilidade previstas no artigo anterior, cando non renuncie á actividade ou cargo incompatible e

f) Sanción disciplinaria e/ou condena firme que o inhabilite para tal fin.

Artigo 31º

O número de mandatos consecutivos para poder ser elixido presidente non poderá supera-los catro períodos, calquera que fora a duración efectiva deles, comezando a contarse a partir da primeira elección inmediatamente despois de aprobarse os presentes estatutos.

Artigo 32º

Nos casos de ausencia ou incapacidade temporal, o presidente da FGP será substituído polo vicepresidente da xunta directiva ó que se lle conferise tal función substitutoria.

Artigo 33º

A moción de censura ó presidente da FGP deberá ser presentada, se é o caso, por un número de membros da asemblea non inferior ó 45% da totalidade daquela.

A moción de censura será presentada de forma razoada e facendo consta-lo nome do candidato alternativo ó presidente da FGP, o que, nun prazo máximo de quince días, deberá convocar con carácter extraordinario a asemblea xeral para que esta se reúna, tamén nun prazo máximo de quince días, coa dita moción de censura como único punto da orde do día.

Para que poida aprobarse a moción de censura requirirase maioría absoluta de votos afirmativos dos membros da asemblea.

Se a moción de censura non fose aprobada pola asemblea xeral, os seus signatarios non poderán presentar outra ata que transcorra un ano.

Se o presidente da FGP non convocase a asemblea xeral, a convocatoria correspondente será efectuada pola Secretaría Xeral para o Deporte, a teor do disposto na Orde do 28 de xullo de 1995.

A reunión extraordinaria da asemblea xeral da FGP na que se debata a moción de censura ó presidente será dirixida por unha mesa de idade constituída expresa e exclusivamente para tal fin polos 5 asembleístas de maior idade, actuando como presidente, pola súa vez, o de maior idade deles e como secretario o de menor idade.

Capítulo III

Órganos complementarios dos de goberno e representación

Artigo 34º

Coinforme se indica no artigo 7º dos presentes estatuitos, na FGP existen, como órganos complementarios dos de goberno e representación, a xunta directiva, o secretario e un tesoureiro da federación, sendo estes membros, segundo se establece nese mesmo artigo, designados e revogados libremente polo presidente da FGP.

Os compoñentes destes órganos complementarios dos de goberno e representación da FGP, excepción feita dun dos vicepresidentes da xunta directiva -o que deba substituí-lo presidente nas súas ausencias temporais- poderán nons er membros da asemblea xeral.

O secretario da FGP, cando actúe como tal, nas funcións que especificamente lle sinalesn as seccións segunda e terceira do presente capítulo, non poderá actuar como membro da asemblea xeral.

Sección primeira

A xunta directiva

Artigo 35º

A xunta directiva da FGP configúrase como o órgano complementario de colaboración co presidente dela na dirección e xestión deportiva, económica e administrativa, así como na execución dos órganos de goberno e representación da FGP.

Artigo 36º

A xunta directiva da FGP estará constituída polo presidente, un maáximo de tres vicepresidentes, o tesoureiro, un número de vocais non superior a 11, e contará coa asistencia do secretario da federación.

Os cargos da xunta directiva nons erán remunerados. Exceptúase o presidente, que poderá te-la retribución que, se é o caso, acorde a asemblea xeral, segundo se establece no artigo 28º dos presentes estatutos.

Artigo 37º

A xunta directiva da FGP reunirase en sesión ordinaria polo menos unha vez cada trimestre. As demais reunións que aquela poida celebrar terán o carácter de extraordinarias.

A convocatoria ás reunións da xunta directiva da FGP, que corresponde ó presidente dela, será notificada ós seus membros, acompañada da orde do día, polo menos con cinco días de antelación, salvo casos de urxencia, nos que con ese prazo poderá reducirse ó estrictamente necesario para que os ditos membros poidan asistir á reunión á que sexan convocados.

As reunións da xunta directiva da FGP convocadas en casos de urxencia serán sempre de carácter extraordinario.

Artigo 38º

Serán de aplciación ós membros da xunta directiva da FGP as incompatibilidades previstas para o presidente dela no artigo 29º dos presentes estatutos, salvo o suposto de ocupar postos directivos en clubs.

Artigo 39º

No que atinxe ás funcións de colaboración e asistencia asignadas á xunta directiva da FGP, intervirá esta nas seguintes cuestións:

a) Preparación da documentación que deba servir de base á asemblea xeral e á comisión delegada, para que estas exerzan as funcións que, respectivamente, lles corresponden e propoñe-las datas das reunións destes órganos de goberno e representación e a orde do día para as ditas reunións.

b) Propoñer á comisión delegada a arpobación do Regulamento de eleccións á mesma e á presidencia da FGP, así como a convocatoria de tales eleccións, transformándose en comisión xestora.

c) Propoñer á comisión delegada da asemblea xeral a aprobación ou modificación dos regulamentos internos da FGP, tanto de organización como técnicos e de competición.

Todos estes trámites de proposta carecen da condición de preceptivos e non son vinculantes.

Sección segunda

O secretario da federación

Artigo 40º

O secretario da federación é o órgano complementario que se ocupa das funcións de asistencia tanto ó presidente da FGP como ós demais órganos de goberno e representación dela. Especificamente terá como misión levanta-las actas das reunións deses órganos e, se é o caso, expedi-las certificacións que procedan dos actos deles, co visto e prace do presidente.

Artigo 41º

O rpesidente da FGP poderá determinar libremente o tempo de duración do nomeamneto do secretario da federación, así como o momento da súa remoción.

Tamén será potestativo do presidente designar libremente para o cargo de secretario da federación a persoa que coide pertinente, sexa ou non membro da asemblea xeral da FGP, coa especificación sinalada no artigo 34º dos presentes estatutos.

Se o cargo de secretario recae nun membro da xunta directiva, non poderá ser retribuído.

Artigo 42º

Ademais das funcións específicas sinaladas no artigo 40º dos presentes estatutos, atribúense ó secretario da federación estoutras:

a) Recibir e expedi-la correspondencia oficial da FGP e leva-los libros de entrada e saída dela.

b) Aprota-la documentación precisa para as reunións dos órganos de goberno e representación da FGP, a través da xunta directiva.

c) Organizar, manter e custoria-lo arquivo da FGP, con especial atención ós libros de actas, expedindo as certificacións oportunas dos acordos dos órganos de goberno e representación.

d) Prepara-la memoria anual da FGP para presentala á comisión delegada da asemblea xeral.

e) Exerce-lo mando primario sobre o persoal laboral da FGP.

f) Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte as actas das reunións da asemblea xeral e da comisión delegada, no prazo de quince días desde a data da súa celebración.

Sección terceira

O tesoureiro

Artigo 43º

O tesoureiro é o órgano complementario responsable da administración da FGP, coas funcións específicas de leva-la contabilidade da federación e de exerce-la coordinación e inspección económica de tódolos órganos que a constitúen.

Artigo 44º

O presidentre da FGP poderá designar libremente para o cargo de tesoureiro a persoa que considere idónea para desempeñalo, así como sinala-las condicións xerais para a incorporación, permanencia e cesamento do dito tesoureiro.

Artigo 45º

Ademais das funcións específicas sinaladas no artigo 43º dos presentes estatutos, atribúense o tesoureiro da FGP estoutras:

a) Coidar das operacións de cobros e pagamentos.

b) Levar e custodia-los libros de contabilidade.

c) Exerce-lo mando primario sobre o persoal da FGP, no caso de non existir secretario da federación.

d) Formula-los balances que periódica e anualmente se deban de presentar á comisión delegada da asemblea xeral.

e) Exerce-la inspección económica de tódolos órganos da FGP.

Artigo 46º

Para o movemento dos fondos da FGP o presidente contará coa sinatura autorizada pero mancomunada coa do tesoureiro -e, se é o caso, coa do vicepresidente designado para cubri-las ausencias temporais do presidente- sen ese requisito non poderá realizarse ningunha operación da dita natureza.

No caso de que non exista tesoureiro o presidente da federación será responsable de exercer estas funcións, podendo delegar na persoa que considere oportuno.

Artigo 47º

Os membros da xunta directiva da FGP que non pertenzan á asemblea xeral terán acceso ás sesións con dereito a voz pero sen voto.

Capítulo IV

Comités

Artigo 48º

Na FGP constituirase de maneira obrigatoria un Comité Técnico de Árbitros e Xuíces que se coidará das súas propias competencias.

Artigo 49º

O presidente do Comité Técnico de Árbitros e Xuíces sinalados no artigo anterior será nomeado polo presidente da FGP e aprobado en reunión pola xunta directiva.

Artigo 50º

O Comité Técnico de Árbitros e Xuíces terá as seguintes funcións:

a) Establece-los niveis de formación de árbitros e xuíces.

b) Clasificar tecnicamente os árbitros e os xuíces.

c) Propoñer á presidencia da FGP os candidatos a árbitro ou xuíz de categoría nacional.

d) Designa-los árbitros e os xuíces que intervirán nas competicións de ámbito rexional.

e) Dicta-las naormas administrativas reguladoras das actividades dos árbitros e dos xuíces.

Artigo 51º

A xunta directiva da FGP poderá acorda-la cosntitución doutros comités técnicos, comisións, áreas ou agrupacións que considere convenientes para o mellor funcionamento dos colectivos e estamentos integrados na FGP.

Capítulo V

Clubs, deportistas técnicos, xuíces e árbitros

Artigo 52º

Os clubs integraranse por petición propia na FGP, sempre que se axuste a lexislación vixente e que se sometan ós estatutos e regulamentos da FGP, así como a dos órganos federativos en relación coas materias da súa competencia.

Análogos criterios e requisitos aplicaranse para a integración na FGP dos deportistas, técnicos, xuíces e árbitros.

Regulamentariamente regularanse os dereitos e obrigas dos clubs en relación á FGP e de forma especial a posibilidade da transmisión dos seus dereitos deportivos.

Capítulo VI

Réxime económico-financeiro

Artigo 53º

A FGP ten o seu propio réxime de administración e xestión de orzamentos e patrimonio, sendo de aplicación as seguintes regras:

a) Poder promover e organizar actividades e competicións deportivas dirixidas ó público, debendo

aplica-los beneficios económicos se os houbese, ó desenvolvemento do seu obxecto social.

b) Poder gravar e aluga-los seus bens inmobles, tomar préstamos de cartos e emitir títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, sempre que os ditos negocios xurídicos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da entidade ou do seu obxecto social. En todo caso cando a súa contía pase do 25% do orzamento anual da FGP, ademais do acordo da asemblea xeral será imprescindible o informe favorable da Secretaría Xeral para o Deporte.

Cando se trate de bens inmobles que fosen financiados en todo ou en parte, con fondos públicos da Comunidade Autónoma galega, será preceptiva a autorización da Secretaría Xeral para o Deporte para o seu gravame ou alugueiro.

c) Poder exercer, complementariamente, actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servicios e destina-los seus bens e recursos ós mesmos obxectivos deportivos, pero en ningún caso poderá repartir beneficios entre os seus membros.

d) Non se poderán comprometer gastos con carácter plurianual, no seu período de mandato, sen a autorización da Secretaría Xeral para o Deporte, cando o gasto anual comprometido supere o 10% do seu orzamento ou pase do período de mandato do presidente.

Artigo 54º

O tesoureiro elaborará unha memoria na que se incluirá a liquidación do orzamento que analizará fielmente a actividade económica da FGP, e a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e dos proxectos a realizar, e informar separadamente como mínimo dos seguintes aspectos:

1. Diferenciación dos ingresos e aportacións.

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, donativos e aportacións privadas.

c) Venda de activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos para servicios prestados pola FGP, permisos, licencias e outros.

f) Ingresos financeiros.

2. Destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo e investimentos seguintes:

a) Administración da federación.

b) Competicións.

c) Axudas a clubs e outras entidades.

d) Axudas para actos deportivos.

e) Construccións e outros inmobilizados.

f) Formación de deportistas e técnicos.

g) Deportes de élite e profesional.

h) Árbitros.

j) Órganos xurisdiccionais.

3. a) O importe das obrigas de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios que non estean previstos no balance.

b) O importe das garantías dos avais comprometidos.

4. A liquidación do orzamento que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na asemblea anterior.

Artigo 55º

A FGP someterase á inspección do seu réxime documental establecido no artigo 7 j) da Orde do 29-7-1995, así como ás auditorías financeiras sobre a totalidade dos gastos, se fose requirido para o mesmo pola Secretaría Xeral para o Deporte e nas condicións que este determine.

Artigo 56º

As contas anuais e os orzamentos teñen que estar no domicilio social da FGP cunha antelación de 15 días á celebración da asemblea, a disposición das persoas ou entidades con dereito a voto, as cales poderán pedir copia, que se lles entregará antes da celebración da asemblea.

Capítulo VII

Réxime documental

Artigo 57º

Integran en todo caso o réxime documental da FGP:

a) O Libro de rexistro de clubs, no que constará a súa denomianción, domicilio social e filiación dos presidentes e membros das súas xuntas directivas, consignándose as tomas de posesión e cesamento, se é o caso, dos interesados.

b) Libro de actas, no que se incluirán as das reunións da asemblea xeral, da súa comisión delegada, e da xunta directiva.

c) Os libros de contabilidade nos que figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigas e os ingresos e gastos da FGP.

d) Libro inventario de bens mobles e inmobles.

e) Os demais que legalmente sexan esixibles.

Capítulo VIII

Disolución e liquidación

Artigo 58º

A FGP extinguirase polas seguintes causas:

a) Polas previstas nos presentes estatutos.

b) Por revogación dos eu recoñecemento.

c) Por resolución xudicial.

d) Por integración noutras federacións.

e) Polas demais previstas no ordenamento xurídico xeral.

Artigo 59º

No caso de disolución da FGP, o seu patrimonio neto, se o houbese, aplicarase á realización de actividades análogas, determinando a Secretaría Xeral para o Deporte o seu destino concreto.

9602142