Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de marzo de 1996 pola que se designa vocal da comisión de selección dos participantes no IX, X, XI, XII e XIII cursos para a obtención do diploma de directivo.

Por Orde do 19 de decembro de 1995 (DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 1996) desígnase a Jaime Bouzada Romero vocal da comisión que efectuará a selección dos participantes no IX, X, XI, XII e XIII cursos para a obtención do diploma de directivo.

Ante a renuncia presentada por este, de acordo co previsto no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro),

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Rubén Víctor Lois Calviño, secretario xeral da Consellería de Cultura e Xuventude vocal da comisión encargada da selección dos participantes no IX, X, XI, XII e XIII cursos para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

962