Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de marzo de 1996 pola que se declara de interese galego a Fundación para la Investigación, Conservación y Desarrollo del Mundo Submarino (FICDS) e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Con data do 14 de novembro de 1995 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de novembro de 1995 pola que se clasifica como mixta a Fundación para la Investigación, Conservación y Desarrollo del Mundo Submarino (FICDS), adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo o día 12 de setembro de 1995 ante o notario desa cidade Manuel Julio Reigada Montoto, co número dous mil corenta e catro do seu protocolo, por Angel Esteban Iglesias Iglesias (intervindo ademais en representación de Alexis-Víctor Macía Díaz en virtude de poder que lle conferiu en escritura autorizada polo notario de Vigo, Alfredo Arturo Lorenzo Otero, co número mil setecentos tinta e tres de protocolo), Cristina Pérez Herraíz e Alexis-Víctor Macía Díaz.

Esta fundación, ó abeiro do establecido no artigo 6 dos seus estatutos, ten como finalidade esencial o estudio, investigación, conservación e desenvolvemento do mar, en especial atención ó medio submarino, baseándose en criterios de equidade, solidariedade, eficiencia e calidade, tendo sempre como referente a súa vocación e compromiso con Galicia.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o réxime de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fundación para la Investigación, Conservación y Desarrollo del Mundo Submarino (FICDS) ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordena-la inscrición da Fundación para la Investigación, Conservación y Desarrollo del Mundo Submarino (FICDS) no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública, para os efectos constitutivos que sinala la Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1995.

ositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

2279