Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.735

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Publicado o Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, no Diario Oficial de Galicia nº 41 do 27 de febreiro de 1996, e advertidos erros nel, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 1.556, no artigo 2º, no apartado 1, onde di: «c) O secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e os directores xerais da consellería do Sergas», debe dicir: «c) O secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e os directores xerais da consellería e do Sergas».

-Na páxina 1.566, no artigo 23.2, onde di: «-A análise e informatización, en coordinación coa Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do cadro de persoal do organismo, e o seu seguimento e control, na coordinación cos centros asistenciais», debe dicir: «A análise e informatización, en coordinación coa Secretaría Xeral, do cadro de persoal do orgasnismo,e o seu seguimento e control, en coordinación cos centros asistenciais».

-Na páxina 1.567, na disposición transitoria cuarta, onde di: «A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, de coformidade co disposto no artigo 15.5º e a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,...», debe dicir: «A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, de conformidade co disposto no artigo 15.5º da Lei 4/1988, do 16 de maio, da función pública de Galicia,...».

2155