Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.735

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 63/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Publicado o Decreto 63/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Cosellería de Sanidade e Servicios Sociais, no Diario Oficial de Galicia nº 41 do 27 de febreiro de 1996, e advertidos erros nel, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 1.549, no artigo 6º, no seu primeiro parágrafo, onde di: «É a unidade encargada da coordinación dos servicios de carácter xeral, do réxime interior, dos rexistros e arquivos e do asesoramento técnico-xurídico da consellería, sen prexuízo das competencias que nesta última función teña atribuída a Dirección Xeral de Servicios Sociais», debe dicir: «É a unidade encargada da coordinación dos servicios de carácter xeral, do réxime interior, dos rexistros e arquivos e do asesoramento técnico-xurídico da consellería».

-Na páxina 1.551, onde di: «10.3. Servicio de Saúde Escolar, Natural e do Ocio», debe dicir: «10.3. Servicio de Saúde Escolar, Laboral e do Ocio».

9601914