Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.673

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 5 de marzo de 1996 pola que se definen as normas para a aplicación do Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, que establece un réxime de axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria en 1996.

O Regulamento (CEE) 2079/1992, do Consello, do 30 de xuño de 1992, establece un réxime comunitario de axudas á xubilación anticipada na agricultura, o Real decreto 1695/1995, do 20 de outubro, regula este mismo réxime no Estado español e o Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, regula a aplicación desas axudas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola presente orde defínense as normas de aplicación do réxime de axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria en Galicia determinando a súa imputación económica en 1996.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confiren a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente e o Decreto 205/1990, de 15 de marzo,

DISPOÑO:

Artígo 1º

A xestión das axudas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria en Galicia, en 1996, farase segundo o establecido no Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, e na presente orde.

Artígo 2º

As solicitudes para acceder a estas axudas presentaranse, preferentemente, nas axencias de extensión agraria ou nos servicios provinciais de axudas estructurais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e formalizaranse nos impresos oficiais que se incluen como anexo da presente orde. Así mesmo poderán presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artígo 3º

A xustificación do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 4 do Real decreto 1695/1995, respecto do cedente comprenderá a seguinte documentación, que deberá de presentarse xunto coa solicitude:

a) Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade (DNI) e indicación do número de identificación fiscal (NIF) do titular da explotación. En caso de inexactitude nos datos reflectidos no DNI, deberá de acredita-la súa veracidade mediante os documentos precisos en cada caso coma son certificación do Rexistro Civil ou copia cotexada da acta de nacemento se o erro está na data de nacemento, e certificado de empadroamento se o erro está no domicilio.

b) Informe de vida laboral ou certificación expedidos pola Tesourería Territorial ou Administración

da Seguridade Social correspondente nos que se faga constar:

1. Réxime de afiliación.

2. Tipo de traballador.

3. Períodos de cotización en cada réxime.

4. Situación con respecto das cotizacións.

c) Certificación do Rexistro da Propiedade, catastro, escrituras públicas ou calquera outro documento admisible en dereito, xustificativo da propiedade dos predios que integran a superficie agrícola da explotación. No suposto de que a dita superficie estivese constituída, total ou parcialmente por terras arrendadas, levadas en parcería ou figuras análogas, poderá acreditarse mediante os contratos ou documentos correspondentes ou, se é o caso, certificación do Rexistro Especial de Arrendamentos Rústicos.

d) Fotocopia cotexada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do último exercicio ou, no caso de que a renda agraria fiscalmente declarada ese ano fora anormal debido a causas non imputables ó cedente como sinistros, campañas de saneamento gandeiro, etc., deberá aportar copia cotexada das declaracións de tres dos últimos cinco anos, incluíndo a do último. Tamén deberá presentar certificación da Administración correspondente a Axencia Estatatal da Administración tributaria de estar ó corrente do pagamento das obrigas fiscais.

Artígo 4º

A xustificación do cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 5 do Real decreto 1695/1995 respecto o cesionario agrario persoa física comprenderá a seguinte documentación, que deberá de presentarse xunto coa solicitude:

a) A capacitación profesional suficiente poderá acreditarse mediante algún dos seguintes modos:

a.1. Aportando a documentación xustificativa de te-lo título de capataz agrícola ou de formación profesional agraria de primeiro grao, ou outro de grao superior na rama agraria.

a.2. Con cinco anos de exercicio da actividade agraria, o que poderá acreditarse, con carácter xeral, co informe de vida laboral ou certificado emitido pola Tesourería Territorial ou Administración da Seguridade Social correspondente.

-No caso de que parte ou a totalidade do exercicio da actividade agraria o fóra como man de obra familiar, será precisa unha declaración do titular da explotación onde desenvolveu tal actividade na que se especifique o tempo traballado na explotación e as tarefas desenvolvidas.

-Os anos nos que non se exercera a actividade agraria, ata acada-los cinco anos precisos, poderán validarse pola asistencia a cursos ou seminarios de capacitación agraria cunha duración de 25 horas lectivas por cada ano que falte, e acreditaranse mediante a presentación de copia cotexada da certificación ou diploma de asistencia.

En calquera caso, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes estudiará a documentación aportada e establecerá a súa idoneidade para efectos

de xustifica-lo exercicio da actividade agraria polo cesionario.

a.3. No caso de agricultores xoves a capacitación profesional suficiente adquirida xustificarase mediante fotocopia cotexada da titulación académica de capataz agrícola ou formación profesional agraria de primeiro grao ou outra superior agraria, ou dos certificados de asistencia a cursos establecidos pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ou por outros organismos ou entidades competentes en ensinanzas agrarias a xuízo desta, cunha duración mínima de 200 horas.

b) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade (DNI) e indicación do número de identificación fiscal (NIF). En caso de inexactitude nos datos reflectidos no DNI, deberá acredita-la súa veracidade mediante os documentos precisos en cada caso como son certificación do Rexistro Civil ou copia cotexada da acta de nacemento se o erro está na data de nacemento, e certificado de empadroamento se o erro está no domicilio.

c) Informe de vida laboral ou certificación expedidos pola Tesourería Territorial ou Administración da Seguridade Social correspondente nos que se faga constar:

c.1. Réxime de afiliación.

c.2. Tipo de traballador.

c.3. Períodos de cotización en cada réxime.

c.4. Situación con respecto das cotizacións.

d) Documentación acreditativa da titularidade da explotación agraria que, con carácter xeral, se poderá demostrar coa última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas e folla de saneamento gandeiro, se é o caso, ou por calquera outro medio admisible en dereito.

Artígo 5º

No caso de que o cesionario sexa unha cooperativa ou outro tipo de persoa xurídica titular dunha explotación prioritaria prevista nos artigos 5 e 6 da Lei 19/1995, deberase presentar fotocopia cotexada da documentación acreditativa de estar incluída no Catálogo Xeral de Explotacións Prioritarias ou certificación da Dirección xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias que acredite que a explotación ten o carácter de prioritaria.

Artígo 6º

Para xustifica-lo cumprimento dos requisitos do traballador ou familiar cesante establecidos no artigo 6 do Real decreto 1695/1995, do 20 de outubro, deberase aporta-la seguinte documentación, que deberá de presentarse xunto coa solicitude:

a) Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade (DNI) e indicación do número de identificación fiscal (NIF). En caso de inexactitude nos datos reflectidos no DNI, deberá acredita-la súa veracidade mediante os documentos precisos en cada caso como son certificación do Rexistro Civil ou copia cotexada da acta de nacemento se o erro está na data de nacemento, e certificado de empadroamento se o erro está no domicilio.

b) Informe de vida laboral ou certificación expedidos pola Tesourería Territorial ou Administración da Seguridade Social correspondente nos que se faga constar:

b.1. Réxime de afiliación.

b.2. Tipo de traballador.

b.3. Períodos de cotización en cada réxime.

b.4. Situación con respecto das cotizacións.

c) Fotocopia cotexada da última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas e certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou Administración correpondente dela acreditativa de estar ó corrente no pagamento das obrigas fiscais.

d) Declaración xurada de que traballou polo menos durante tres dos últimos cinco anos na explotación do titular que cese, asinada polo cesante e polo traballador.

Artigo 7º

A xustificación do cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 7 do Real decreto 1695/1995, respecto das explotacións de cedente, cesionario e da explotación resultante, comprenderá a seguinte documentación, que deberá de presentarse xunto coa solicitude:

a) Declaracións xuradas, acompañadas das correspondentes certificacións catastrais, se é o caso, dos predios que conforman as explotacións, tanto do cedente como do cesionario.

b) En caso de explotacións gandeiras, folla de saneamento gandeiro das dúas últimas campañas de ámbalas dúas explotacións, ou documento xustificativo, a xuízo da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de que a explotación do cedente non diminuíu en máis do 20 % a súa dimensión económica nos dous últimos anos.

c) Xustificantes de cotización á Seguridade Social dos traballadores da explotación resultante (a do cesionario ampliada coa do cedente), familiares ou asalariados.

d) Estudio económico da explotación resultante, no que se reflicta xustificadamente a renda de traballo/UTH, e se faga consta-la man de obra, tanto asalariada como familiar, segundo modelo oficial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes especificado no anexo.

Artigo 8º

Se o cesionario é un agricultor xove ou un traballador que se instala con motivo do cesamento deberá de presentar, xunto coa solicitude, un plan de mellora da explotación que recibe do cedente que xustifique un incremento de dimensión económica dela nun mínimo de tres UDEs. Este plan de mellora poderá ser obxecto de axuda no marco das establecidas para a mellora da eficicia das estructuras agrarias.

Artigo 9º

Os servicios provinciais de axudas estructurais comprobarán a documentación, emitirán un informe e realizarán a proposta correspondente.

A Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias dictará a correspondente resolución que lle será notificada ó interesado.

Artígo 10º

Se a resolución fose favorable, para poder acceder ás axudas previstas no artigo 10 do Real decreto 1695/1995, o cedente deberá facer efectiva a transmisión da base territorial (con excepción da reserva a que da dereito o punto 1 do artigo 8 do anterior real decreto na segunda alínea do apartado a), así coma de tódolos dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas afectas, a unha ou máis persoas ou entidades que cumpran os requisitos de cesionarios agrarios previstos no artigo 5 do devandito real decreto.

Isto será necesario acreditalo mediante:

a) Transmisión da base territorial:

En caso de facerse a transmisión en propiedade formalizarase en escritura pública; en caso de optar pola transmisión mediante arrendamento este deberá realizarse por un prazo mínimo de 5 anos e formalizarse mediante escritura pública ou contrato privado inscrito no Rexistro Especial de Arrendamentos Rústicos. Deberá acreditarse o pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, se é o caso. No caso de que o cedente non sexa propietario de toda ou parte da explotación, deberá xustifica-la resolución de tódolos contratos que afecten á actividade productiva da explotación.

b) Transmisión do gando:

A saída do gando da explotación do cesante xustificarase mediante a copia compulsada do libro de explotación debidamente dilixenciado, certificación de veterinario oficial, ou mediante factura de venda.

c) Transferencia de cantidades de referencia para a producción de leite e outros dereitos de prima:

A transferencia dos dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas afectas tanto á parte agrícola coma gandeira da explotación do cedente á do cesionario deberá formalizarse en impreso oficial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes asinado polo cedente e o cesionario.

d) Cambio de titularidade da explotación:

O cambio de titularidade da explotación do cedente a favor do cesionario xustificarase co impreso oficial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes asinado polo cedente e o cesionario.

Artigo 11º

No caso dun agricultor xove ou dun traballador xa instalado con motivo do cesamento, a xustificación do incremento da dimensión económica da explo

tación do cedente nun mínimo de tres UDEs, previsto no plan de mellora, acreditarase coa xustificación da realización dos investimentos e melloras previstos nel, comprobada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Esta comprobación será necesaria para poder acceder ás axudas previstas no artigo 10 do Real decreto 1695/1995, do 20 de outubro.

Artigo 12º

Se a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes non resolvese no prazo de 6 meses a solicitude formulada por algún interesado, esta considerarase desestimada.

Artígo 13º

a) Para comproba-lo cumprimento de calquera dos requisitos e compromisos eisixidos no articulado anterior, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá solicita-la aportación polo interesado dos datos e documentos que considere necesarios, así como realiza-las comprobacións e inspeccións que coide oportunas.

b) Para os efectos de exerce-lo control do cumprimento dos requisitos da normativa tanto nacional como das comunidades europeas, estableceranse entre a Administración do Estado e os órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia os mecanismos apropiados de coordinación do dito control.

Artígo 14º

As solicitudes presentadas ó abeiro da Orde do 24 de xaneiro de 1995 pola que se establecía a aplicación de medidas para o fomento do cesamento anticipado na actividade agraria, pendentes de resolución serán tidas en conta na presente convocatoria, salvo indicación en sentido contrario dirixida ó Servicio Provincial de Axudas Estructurais. A tramitación dos expedientes continuará desde o trámite no que se encontraban ó termo do exercicio anterior.

Artigo 15º

O financiamento correspondente á Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co previsto nos artigos 5 e 6 do Decreto 82/1996, do 29 de febreiro, faráse con cargo ó concepto orzamentario 09.03.614-A.773, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1996, dotado con 72 millóns de pesetas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias a dictar cantas disposicións considere necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

881