Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.670

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 5 de marzo de 1996 pola que se establecen bolsas de prácticas para estudiantes que realizan ensinanzas de formación agraria.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no uso das súas competencias convoca bolsas para a realización de prácticas nas explotacións dos seus centros de capacitación agraria, ó remata-lo curso 1995-1996, ata unha contía de 3.900.000 ptas., a través da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, con cargo ós orzamentos desta. O fin destas bolsas será que os estudiantes en especialidades agrarias adquiran maiores coñecementos prácticos nas materias propias dos seus estudios, que lles permitan unha mellor e máis fácil incorporación ó campo profesional. Polo tanto, convén establecer unha liña de axudas económicas en forma de bolsas. Estas prácticas serán realizadas de forma prioritaria en centros que respondan á especialidade cursada.

Polo exposto, en virtude das atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e os artigos 1 e 3 do Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Estas bolsas teñen por obxectivo paliar na medida do posible, ós alumnos que realizan estudios de formación agraria, os gastos ocasionados polo desprazamento e manutención durante as xornadas correspondentes á realización das prácticas nas explotacións.

Artigo 2º.-Finalidade.

Realización de traballos prácticos supervisados na explotación agraria para amplia-los seus coñecementos e mellora-lo seu adestramento en materias propias dos seus estudios.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

As bolsas reguladas por esta orde poderán ser solicitadas por alumnos que durante o curso 1995-96 estean cursando ensinanzas de nivel 2 na rama agraria, nas especialidades de horticultura, explotacións agropecuarias (vacún), instalación e mantemento de xardíns ou capataces forestais, nas escolas de capacitación agraria da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Artigo 4º.-Carácter das bolsas.

As bolsas terán carácter de prácticas á formación recibida, e non implican relación laboral nin administrativa entre os beneficiarios e a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, aínda que si a necesaria dependencia administrativa en relación co horario, normas de réxime interno e disciplinas da unidade administrativa onde se realicen as prácticas.

As bolsas tampouco darán lugar á súa inclusión na Seguridade Social. Nembargantes, subscribiráselles unha póliza colectiva de seguro de accidentes durante o período de prácticas, que cubrirá os accidentes de traballo e responsabilidade civil correspondente.

Artigo 5º.-Tipo de bolsas.

Convócanse 2 tipos de bolsas, en función das horas de prácticas e nº de xornadas nas que estas se realizan.

Tipo A: 20 bolsas, para a realización de 300 horas de prácticas cada unha, durante 40 xornadas mínimas, nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, para alumnos que conclúen os seus estudios.

Tipo B: 20 bolsas, para a realización de 150 horas de prácticas cada unha, durante 20 xornadas mínimas, nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, para alumnos que remataron o primeiro curso.

As bolsas poden ser reconvertidas nun ou noutro tipo, en función das solicitudes e sempre que non se modifique o montante global orzamentado.

Non obstante o anterior, se a contía total das solicitudes superase o crédito dispoñible, queda autorizada a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural para reaxusta-lo número de xornadas solicitadas, de forma que a súa contía non exceda o crédito dispoñible. Neste caso comunicaráselles ós interesados/as a modificación efectuada.

Artigo 6º.-Requisitos e contía das axudas.

Serán requisitos indispensables para solicitar estas axudas:

-Que os alumnos solicitantes estean matriculados de 1º ou 2º curso da especialidade correspondente ás prácticas que solicita, nalgún dos centros de capacitación agraria, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

-Que os alumnos solicitantes presenten un certificado do expediente académico do último curso realizado.

-Que os alumnos presenten certificación de prácticas voluntarias realizadas no centro de capacitación agraria onde estean matriculados ó longo do curso 1995-96.

-Que as solicitudes sexan informadas polo director do centro onde se presentan.

A contía das axudas establécese en función do nº de horas prácticas.

Axudas tipo A: 29.840 ptas. para a realización de 300 horas de prácticas, durante 40 xornadas mínimas.

Axudas tipo B: 64.920 ptas. para a realización de 150 horas de prácticas, durante 20 xornadas mínimas.

Artigo 7º.-Oferta de prazas.

Os centros de capacitación agraria que se relacionan ofertan as seguintes prazas para a realización de prácticas, en función do número de xoves que poidan acollerse, para dárlle-lo adecuado tratamento formativo.

Centro de

capacitación

Especialidade/sNº prazas

tipo A

Nº prazas

tipo B

Guísamo (A Coruña)Horticultura44
Xardinería
Sergude (A Coruña)Xefe explotación

(vacún)

44
Forestal
Becerreá (Lugo)Forestal33
Monforte de Lemos (Lugo)

Xefe explotación

(vacún)

33
Pedro Murias (Lugo)Xefe explotación

(vacún)

33
Lourizán (Pontevedra)Forestal33

Artigo 8º.-Formalización de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e poderán ser presentadas polos interesados nos centros onde estean matriculados ou ben no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, nas súas delegacions provinciais ou da forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o modelo do anexo I.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles, desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 9º.-Documentación.

As solicitudes presentaranse segundo modelo anexo que se xunta, coa seguinte documentación:

-Tipo de bolsa á que aspira.

-Fotocopia do DNI do interesado.

-Declaración do interesado, na que faga constar que cumpre cos requisitos sinalados no artigo 6 da convocatoria.

-Certificación das cualificacións do último curso.

Os directores de centros que teñan ofertadas prazas para a realización de prácticas presentarán, perante a Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria, un expediente coa relación detallada de tóda

las solicitudes presentadas para a realización de prácticas neste, acompañada das solicitudes e resto da documentación esixida nesta convocatoria, de cada un dos solicitantes.

Artigo 10º

1. Selección.

O estudio e proposta de aprobación de solicitudes será realizada por unha comisión de valoración presidida polo subdirector xeral de Extensión e Capacitación Agraria, e na que se integrarán como secretario e vocais:

-O xefe do Servicio de Extensión Agraria.

-Dous directores de centros onde se imparten ensinanzas de capacitación agraria, propostos polo director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural.

-Un funcionario da Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria que actuará como secretario.

2. A selección realizarase de acordo coa puntuación obtida, unha vez aplicados os baremos que se indican en cada apartado:

a) Por expediente académico correspondente ó último curso realizado.

Puntos

Sobresaliente con matrícula de honor 5

Sobresaliente 3

Notable 2

b) Por traballos de prácticas realizados de forma voluntaria durante o curso 1995-96 en centros de capacitación agraria e non remunerados economicamente.

Puntos

Por cada xornada de traballo en prácticas 1

c) Por curso terminado:

Puntos

1º curso 5

2º curso 10

Artigo 11º.-Adxudicación e pagamento.

A comisión de valoración, vistas as solicitudes presentadas e o crédito dispoñible, faralle chega-la correspondente proposta de adxudicación ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

1. As bolsas serán adxudicadas polo director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, a proposta da comisión de valoración.

2. A Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural comunicaralles ós centros a concesión ou denegación das axudas e se é o caso, a modificación da contía solicitada, segundo establece o artigo 5º.

3. O pagamento farase nunha única entrega, unha vez recibido o informe do xefe da unidade correspondente, sobre o bo desenvolvemento das prácticas.

4. No caso de que o bolseiro deixe de levar a cabo a asistencia á unidade onde realice as prácticas, deixará de percibi-la cantidade correspondente.

En todo caso, ó remata-lo período de prácticas, o director/a do centro certificará perante a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural a total realización desta actividade.

Artigo 12º

O importe destas bolsas sufragarase con cargo á aplicación presupostaria 09.02.322-S.480.0, de axudas para bolsas de prácticas, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, por un importe máximo de 3.900.000 ptas., que nun principio ten un orzamento de 76.174.000 ptas.

Cada centro cubrirá unha póliza colectiva de seguro de accidentes e responsabilidade civil para os alumnos que nel realicen prácticas.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural para dicta-las resolucións necesarias para o mellor cumprimento da presente orde, que entrará en vigor ó día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

1933