Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 5 de marzo de 1996 pola que se prorroga a do 27 de abril de 1994, pola que se establecen as normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro.

Os resultados obtidos na execución da campaña de saneamento gandeiro ó abeiro da Orde do 27 de abril de 1994, prorrogada pola Orde do 11 de xaneiro de 1995, tanto na diminución do número de focos existentes como no incremento do número de explotacións cualificadas sanitariamente e un mellor control na reposición de animais, fai necesaria a continuidade da campaña de saneamento gandeiro (complementada con medidas adicionais para gando de monte) e nas mesmas condicións cás recollidas na orde que se vai prorrogar con vistas á erradicación das enfermidades obxecto de loita a través das cam

pañas de saneamento e a consecución de áreas xeográficas libres.

Na súa virtude, de acordo co disposto no artigo 30.I.3, en relación co artigo 33.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Prorrógase a Orde do 27 de abril de 1994 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se establecen as normas para el desenvolvemento da campaña de saneamento gandeiro.

Artigo 2º

As indemnizacións necesarias para o cumprimento desta orde aboaranse con cargo á sección 09, programa 613-A, servicio 03, concepto 770.00, programas sanitarios especiais, dotado con 600.000.000 de ptas., da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para os efectos da aplicación desta orde, entenderase por:

a)Animal: calquera animal das especies bovina, ovina e caprina.

b) Explotación: calquera establecemento, construcción ou no caso de cría ó aire libre, calquera lugar no que se teñan, críen ou manipulen animais, incluíndose, en todo caso, os pastos comunais.

c) Titular ou posuidor: alquera persoa física ou xurídica responsable dos animais, incluso con carácter temporal.

d) Pastos comunais: calquera lugar de titularidade ou uso compartido nos que pastan animais das especies vacuna, ovina e caprina, pertencentes a un ou varios titulares ou posuidores.

Segunda.-Cada pasto comunal terá unha única cualificación sanitaria que afectará a tódolos animais que se atopen aproveitando o devandito pasto. Esta cualificación sanitaria determinará a cualificación sanitaria de toda explotación da que o seu titular ou posuídor teña, ademais, animais nestes pastos.

Unicamente terán acceso ós pastos comunais os animais debidamente identificados e procedentes de explotacións coa axeitada cualificación sanitaria. Así mesmo, os titulares ou posuidores están obrigados a presenta-la totalidade dos seus animais a realizaren cantas probas sanitarias sexan necesarias. A non presentación dalgún animal implicará a perda da cualificación sanitaria de tódolos animais e explotacións afectadas.

Disposicións finais

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para

dicta-las normas necesarias para o mellor cumprimiento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

1771