Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.627

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (142/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 142/1995, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, S.A., representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Dexlo, S.L., Fernando Lorenzo Jamardo, María Dolores Vázquez González, Juan Carlos Lorenzo Jamardo e María Teresa Moledo Resúa, sobre reclamación de 1.651.332 pesetas de principal e 900.000 orzadas para xuros e custas. E nos ditos autos, por providencia do día da data, acordouse o embargo de bens propiedade de Dexlo, S.L., sen previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro. Así mesmo acordouse citar de remate a dita parte demandada por medio deste edicto, concedéndolle o prazo de nove días para comparecer nos autos e opoñerse á execución se lle convén. Están ó seu dispor na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

E para que lles sirva de citación de remate ós demandados arriba indicados, dos que se ignora o domicilio, polo prazo de nove días, para que comparezan nos autos e se opoñan á execución, libro e asino este edicto en Santiago de Compostela o oito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

Bens embargados.

Único.-Contas correntes, de aforro, de crédito ou depósitos de calquera tipo que teña Dexlo S.L. nas entidades bancarias Banesto, Banco Pastor, Banco Gallego, Caixa Galicia, BBV, Caixa de Pontevedra e Banco de Galicia de Padrón, así como calquera acción, participación en sociedades ou fondos de investimento, letras do tesouro, débeda pública ou calquera outro activo financeiro do que sexa titular a entidade demandada.

9602082