Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da contratación de asistencia técnica para a realización dos traballos do primeiro informe preparatorio da avaliación do programa operativo de Galicia 1994-1999, cofinanciado polo FEDER e o primeiro informe preparatorio da avaliación do programa operativo de Galicia 1994-1999 cofinanciado polo F.S.E.

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E., convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: realización dos traballos de primeiro informe preparatorio da avaliación do programa operativo de Galicia 1994-1999 cofinanciado polo FEDER e primeiro informe preparatorio da avaliación do programa operativo de Galicia 1994-1999 cofinanciado polo F.S.E.

Orzamento: 3.600.000 pesetas.

Prazo de execución: dous meses contados desde a formalización do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como, o prego de prescricións técnicas, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E. da Consellería de Economía e Facenda, edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fianzas: provisional, 2% do orzamento máximo: 72.000 ptas. Definitiva, 4% do dito orzamento: 144.000 ptas.

Clasificación e categoría: non se esixe.

Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo recollido no prego de cláusulas administrativas particulares como anexo I.

Presentación de proposicións: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

O prazo de presentación de proposicións comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución e rematará as catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que deberán xunta-los licitadores: toda a documentación que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Medios de acreditación da solvencia: económica e financeira, polos medios previstos no apartado c) do artigo 16 da Lei 13/1995. Técnica ou profesional, polos medios previstos nos apartados b), c), d) y e) do artigo 19 da Lei 13/1995.

Criterios de adxudicación: os comprendidos na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será levada a cabo pola mesa de contratación ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

2073