Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.626

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (337/1994).

En virtude do acordado por Juan Manuel Vilela Lage, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data, dictada no Or. Suma. Hip. artigo 131 da Lei hipotecaria número 00337/1994, seguido neste xulgado por instancia da Caixa do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Fernando Lorenzo Jamardo e María Dolores Vázquez González, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por primeira vez, o seguinte predio:

«Vivenda letra A, sita na cuarta planta alta, distribuída adecuadamente ó uso que se destina. Ocupa unha superficie útil de noventa e dous metros e cincuenta decímetros cadrados. Linda: norte, vivenda letra B da mesma planta; sur, irmáns Caeiro; leste, Francisco Chenlo Castaño e esposa; e oeste, descanso e caixa das escaleiras, patio de luces e vivenda letra D da mesma planta. Ten como anexo un rocho situado no faiado sinalado co número 5. Asígnaselle unha cota de participación con relación ó valor do inmoble de catro centésimas. Inscrita no tomo 500, libro 116 de Padrón, folio 56, predio 10.805, inscrición 2ª».

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Tetuán, s/n, desta cidade, o día 26 de abril, ás 11.15 horas, coas seguintes prevencións ós licitadores:

Primeiro.-O tipo da poxa é de 13.104.000 pesetas, fixado na escritura de préstamo, e non se admitirán ofertas que non cubran a devandita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar na conta deste xulgado nº 157500018033794 do Banco Bilbao Vizcaya o 20% da dita cantidade, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceiro.-Poderá facerse o remate coa condición de llo ceder a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e as certificacións a que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada.

Sexto.-As cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, de os haber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 30 de maio, ás 11.15 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración. Se é o caso, celebrarase terceira poxa o día 28 de xuño, ás 11.15 horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón, nove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

1163