Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Paizás (Ramirás-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Paizás (Ramirás-Ourense), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 333/1991, do 11 de outubro (DOG nº 201, do 17 de outubro).

Primeiro.-O 19 de febreiro de 1996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Paizás (Ramirás-Ourense), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas en vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración parcelaria estará exposto ó público no concello de Ramirás durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día ó da publicación do último dos avissos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poderán presenta-lo recurso na Xefatura de Estructuras e Desenvolvemento Rural (r/ Curros Enríquez, 1-6º, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificio administrativo San Caetano, San

tiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate, e, se é o caso, a persoa residente neste a quen teñan que facerse as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (Arts. 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Ourense, 19 de febreiro de 1996.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

1719