Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na rúa Pasteur, número 22 da Coruña, para servicio da xerencia de atención primaria da Coruña-Ferrol.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/85, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2º do seu regulamento e á vista das competencias que teño atribuídas de acordo co Decreto 199/94, do 16 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que por necesidades do servicio ou función, que se vai satisfacer no local xustificadas no expediente, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na r/ Pasteur, nº 22 da Coruña, para servicios da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 15-9-1994)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

1977