Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública (expediente 3856 A.T., expropiación 153).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, a solicitude de declaración da necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os bens e dereitos que se afectan, segundo o disposto no parágrafo 1º do artigo 14 do citado regulamento. A seguir transcríbese a relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable para a execución da instalación seguinte:

-Reelectrificación de Dumpín, Castro de Rei, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación de data 30 de novembro de 1994.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, e os interesados, no mesmo prazo, contado a partir do día seguinte ó da notificación individual que se lles efectuará, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixiren posibles erros na relación indicada, así como formularen as alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal quedarán expostos os expedientes, cos planos de situación e os parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán reclamar por medio desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 13 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Reelectrificación de Dumpín (Castro de Rei) (expediente 3856 A.T.)

-L.M.T. derivación a C.T.I. de Golpilleira (Lugo).

Predio nº: 1.

Lugar: Rozas.

Parroquia: Teixeiro.

Cultivo: piñeiros.

Propietario: Carlos Piñeiro Fernández en representación de Marcelino Ferreiro.

Domicilio: Teniente Coronel Teijeiro, 2, 4º C, 27001 Lugo.

Afección (superficie m): 910 de voo en arboredo.

Predio nº: 3.

Lugar: Rozas.

Parroquia: Teixeiro.

Cultivo: monte raso.

Propietario: Fina Rio Paredes.

Domicilio: Portanet, 11, 3º A, 36210 Vigo, Pontevedra.

Afección (superficie m): 420 de voo.

Predio nº: 6.

Lugar: Cabada.

Parroquia: Teixeiro.

Cultivo: carballos.

Propietario: José Luís Penelas.

Domicilio: Montero Ríos, 86, 2º B, 27002 Lugo.

Afección (superficie m): 280 de voo en arboredo.

Predio nº: 7.

Lugar: Zarra.

Parroquia: Teixeiro.

Cultivo: carballos e prado.

Propietario: Constante Barreiro Gómez.

Domicilio: Santalla de Dumpín, Castro de Rei.

Afección (superficie m): 2.520 de voo e 0,64 do apoio nº 3.

Predio nº: 8.

Lugar: Pontello

Parroquia: Teixeiro.

Cultivo: prado e carballos.

Propietario: Carlos Piñeiro Fernández en representación de Marcelino Ferreiro.

Domicilio: Teniente Coronel Teijeiro, 2, 4º C, 27001 Lugo.

Afección (superficie m): 980 de voo.

-L.M.T. ó C.T.I. de Bagoy, Santalla de Dumpín (Castro de Rei).

Predio nº: 5.

Parroquia: Cornide.

Cultivo: prado.

Propietario: Erundina Fernández Picos.

Domicilio: Coronel Calaza, 19, 1º, 15002 A Coruña.

Afección (superficie m): 336 de voo.

-L.B.T. de Santalla de Dumpín (Castro de Rei).

Predio nº: 1.

Lugar: xunto á casa.

Parroquia: Santalla de Dumpín.

Cultivo: labor e prado.

Propietario: Concepción Trapero Pardo e fillos.

Domicilio: Santalla de Dumpín, 3, Castro de Rei.

Afección (superficie m): 236 de voo e 0,72 de apoios números 60 e 61.

9601475