Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1996, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia, polo trámite de urxencia, consistente na xestión documental do Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio convoca o seguinte concurso polo procedemento aberto:

Obxecto: organización documental e informatización do sistema de arquivos dos fondos documentais do Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial.

Orzamento: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 pesetas) con cargo ó orzamento de gastos da Comunidade Autónoma para 1996.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina, na Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, sita en San Caetano, edificio administrativo nº 5-4º andar, Santiago de Compostela.

Presentación de ofertas: as ofertas dirixiranse en calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado á Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de trece días naturais, contados desde o día

seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente, ó abeiro do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.

Apertura de pregos: a apertura de pregos terá lugar na Consellería de Industria e Comercio, ás once horas do décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións; se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os indicados na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Fianza provisional: será do 2% do orzamento do contrato (110.000 pesetas).

Dispensa da fianza provisional: ó abeiro do disposto no apartado 2º do artigo 36 da L.C.A.P. dispénsase da prestación da garantía provisional ás empresas que acrediten te-la clasificación de empresa consultora no subgrupo 3 do grupo I categoría A.

Acreditación da solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: realizarase por calquera dos medios previstos nos artigos 16 a 19 da L.C.A.P.

Prazo de execución: será desde o día seguinte ó da sinatura deste ata o 30 de setembro de 1996.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

1235