Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4475 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléc

trica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Eléctrica de Valdriz. Oleiros-A Gamela-Perillo (A Coruña).

Situación: Pobra de San Xulián-Láncara.

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica para campo de feira.

Características principais: centro de transformación tipo intemperie, sobre postes de formigón de 100 kVA. 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión subterránea, con conductores R.V.-0,6/1 de 95 e 150 mm Al, para subministración eléctrica ó campo da feira da Pobra de San Xulián, no concello de Láncara.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 3.653.288 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 2 de febreiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9601946