Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996, pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas e se citan (clave N/PO/94.1 e tres máis).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-233, treito: Pontevedra-Campo Lameiro.

Clave: N/PO/94.1.

Orzamento: nove millóns catrocentas trinta e tres mil seiscentas cincuenta e catro pesetas (9.433.654).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non se esixe.

2. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-262, treito: Vilasobroso-Mondariz.

Clave: N/PO/95.2.

Orzamento: tres millóns cento noventa e unha mil catrocentas oitenta e cinco pesetas (3.191.485).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non se esixe.

3. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alagarmento e mellora da PO-400, treito: Arbo-Crecente.

Clave: N/PO/89.16.5.

Orzamento: cinco millóns cento corenta mil seiscentas dez pesetas (5.140.610).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non se esixe.

4. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-233, treito: Pontevedra-Cotobade.

Clave: N/PO/94.2.

Orzamento: cinco millóns dúas mil cincocentas setenta pesetas (5.002.570).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non se esixe.

(Declaradas urxentes de acordo co establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata. A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no Art. 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que no coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que no coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-1465