Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 febreiro de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens afectados polas obras N-AC-90.6 nova estrada de enlace desde a C-534 ata a N-550, treito: A Rocha-Vidán, concello de Santiago de Compostela.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data 17 de xaneiro de 1996 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o correspondente proxecto de trazado.

Polo Decreto 35/1996, do 25 de xaneiro, declárase a utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das súas facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Santiago de Compostela, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Local: Asociación de Veciños Maestra Victoria Míguez (Vidán).

-Día: 11 de abril do predio 1 ó 45.

De 10 a 13 horas.

-Día: 12 de abril do predio 46 ó 76.

De 10 a 13 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución; poderán facerse acompañar, pola súa conta, se o coiden oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese a información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane s/n, 8º andar, as alegacións que coiden pertinentes, con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola ausente ocupación.

A Coruña, 29 de febreiro de 1996.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe

1953