Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (262/1985).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber, que nos autos de xuízo executivo de maior contía seguidos neste xulgado co número 262/1985, dictouse sentencia con data de 30 de setembro de 1985, que ten como encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Francisco D. Amorín Vietes, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia do número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de maior contía número 262/1985, seguidos entre partes, dunha, como demandante, María Constancia Ventureira Souto, maior de idade, casada, os seus labores e veciña do municipio de Cerceda, con domicilio no lugar de Morzós, parroquia de Encrobas, por si e no preciso actúa como coxerente da sociedade de gananciais que integra co seu esposo, Eladio Barbeito Lozano, representada polo procurador Carlos Fernández Rial, e dirixido polo letrado José I. Bejerano Fernández, doutra, como demandada, La Mutua Madrileña Automovilística, con domicilio social en Madrid, Almagro, número 40, representada polo procurador José Manuel Pena Leal e dirixida polo letrado Ramón Cruces Vilas e contra Carlos García Senovilla, maior de idade, casado, enxeñeiro técnico industrial e veciño de Madrid, con domicilio na rúa Sánchez Barcaiztegui número 30, ou,

no seu defecto na rúa Puentelarra número 14-5B, por si e, á vez en concepto de coxe

rente da sociedade lega de gananciais que integra coa súa esposa, incomparecendo e en situación procesual de rebeldía, sobre culpa extracontractual.

Decido, que desestimando a demanda formulada polo procurador Carlos Fernández Rial, en nome e representación de María Constancia Ventureira Souto, contra os demandados Carlos García Senovilla, declarado en rebeldía e a aseguradora La Mutua Madrileña Automovilística, representada polo procurador José Manuel Pena Leal, debo absolver como absolvo a estes últimos das peticións da demanda, todo iso sen facer expresa imposición de custas procesuais.

Notifíquese o presente edicto ó demandado rebelde na forma prevista na Lei de axuizamento civil, se no termo dunha audiencia non se solicita a notificación persoal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ó demandado rebelde Carlos García Senovilla, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela, o vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

1243