Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (404/1995-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido,

Fai saber, que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 40/1995, promovidos polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Banco Atlántico, S.A. contra Alberto Moar Tobío e Jomofique, S.L., acordouse sacar a publica poxa por tres veces e polo termo de vinte días cada unha delas, o seguinte predio:

-Urbano, número dezaseis. Local comercial número sete con entrada polo portar número oitenta e sete da avenida Rosalía de Castro, na entreplanta do edificio número un, tres e cinco da avenida de Romero Donallo e oitenta e sete da de Rosalía de Castro da cidade de Santiago de Compostela. Ocupa a extensión de sesenta e nove metros cadrados e linda: polo norte, co local número seis da mesma entreplanta; polo sur, co patio de luces; polo leste, con casa de Ezequiel Lado; e polo oeste, coa escaleira do seu acceso a vivendas. Cota: cero con oitenta e cinco por cento (0,85%).

Inscrición: Rexistro da Propiedade número dous de Santiago de Compostela, tomo 959, libro 7, folio 50, predio número 534.

A poxa terá lugar o día seis de maio ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado ó prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de doce millóns oitocentas vintetrés mil pesetas. De non concorreren ofertantes, sinálase para a segunda o día catro de xuño ás doce horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira. De non haber ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día tres de xullo ás doce horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1.-Non se admitirá oferta inferior á cantidade de 12.823.000 ptas., que é o tipo pactado na mencionada escritura. En canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso. En canto a terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2.-Que tódolos ofertantes, agás o acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo.

3.-Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escirto en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa da que se trate, depositando xunto daquel o resgardo acreditativo de ter efectuada a consignación á que se refire a anterior condición.

4.-Que os autos e certificación do rexistro ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, está de manifesto en secretaría e que entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

5.-Prevense que na acta da poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e, se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6.-Sen prexuízo da que se leve a cabo no predio hipotecario conforme os artigos 262 ó 279 da LAC, de non ser atopado nel, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9601219