Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.430

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (25/1993).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo executivo que co número 25/1993, se seguen neste xulgado, por instancia de Gesaf Leasing, S.A., representado polo procurador Carlos Fernández Rial, contra Autos 33, S.A., Amadeo Posse Vidal, Manuel A. Fernández Bernárdez, Mª de la Trinidad Fernández Fernández e Mª Paz Rodríguez Hermida, en reclamación de 13.081.926 de principal máis 2.000.000 que se calculan para xuros, gastos e custas, pola presente cédula faise saber ós debedores Manuel A. Fernández Bernárdez e Mª de la Trinidad Fernández Fernández, que se atopan en ignorado paradoiro, que se embargaron, como da súa propiedade, os bens que máis adiante se describen, segundo dispón o artigo 1444 da Lei de axuizamento civil, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro. E ó propio tempo, cítase de remate, concedéndolles o termo de nove días para que comparezan nos autos e se opoñan á execución, se lles conviñer, prevíndoos que, de

non verificalo, seguirase o xuízo na súa rebeldía, recaendo sobre eles o conseguinte prexuízo.

Bens embargados:

Bens inmobles inscritos no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no tomo 491, libro 119, predio número 10.562 a nome de Fernández Bernárdez.

E para que conste e sirva de notificación e citación en forma ós debedores Manuel A. Fernández Bernárdez e Mª de la Trinidad Fernández Fernández, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, cinco de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

1923