Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (3/1996).

Pola presente cédula, que expido en función do acordado nos autos de xuízo de faltas nº 3/1996, sobre furto, cítase a María Salomé Fernández Castro, en concepto de denunciada, co fin de que o día 18 de marzo de 1996, ás 11.15 horas, compareza perante a Sala de Audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, r/ Algalia de Abaixo nº 24-1º, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba intente valerse, prevéndoa de que, en caso de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a María Salomé Fernández Castro, cos apercibimentos acordados, libro a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

1220