Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (229/1994).

Eu, Elma Ojea Muñiz, secretaria da administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos que teñen como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia. Vistos por María Luisa Miranda de Miguel, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira e do seu partido, os presentes autos de xuízo de separación matrimonial seguidos co número 229/1994 por instancia de Jackeline Lobelos González, representada polo procurador Novoa Núñez e asistida do letrado Astray Vázquez, contra José David Martínez Bustamante, declarado en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda formulada pola representación de Jackeline Lobelos González contra José David Martínez Bustamante, debo acordar e acordo a separación matrimonial dos expresados, con tódolos efectos legais, e en especial, os seguintes:

1. A separación dos litigantes, que poderán sinalar libremente o seu domicilio.

2. Non se fai especial pronunciamento en custas.

A sentencia anterior foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data».

Para que así conste e sirva de notificación en forma ó demandado, en situación procesual de rebeldía, José David Martínez Bustamante, expido e asino a presente cédula en Ribeira, trece de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

1577