Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.315

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de auto (207/1995)

Elma Ojea Muñiz, secretaria da Administración de xustiza co destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, dou fe e testemuño que no libro de autos dictado por este xulgado en procedementos civís, consta o recaído nos autos, que ten un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Auto.-En Ribeira o dez de outubro de mil novecentoos noventa e cinco.

Dispoño: a adopción das seguintes medidas provisionais:

1. A separación provisional dos esposos, suspendéndose a vida en común dos casados, revogándose os consentimentos e poderes, e cesando a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

2. Atribución da guarda e custodia do fillo menor do matrimonio á nai María Benita Argibay Torrado, pero exercendo ámbolos pais conxuntamente a potestade paterna sobre aqueles.

3. Recoñéceselle ó proxenitor que non convive habitualmente co fillo menor, o dereito a visitalo, comunicarse con el e telo na súa compaña, nos termos e na forma que acorden ámbolos pais, procurando o maior beneficio dos fillos e no caso de desacordo e, como mínimo, este dereito comprenderá os seguintes extremos: ter consigo o fillo menor en fins de semana alternas desde as dez horas da mañá do sábado ata as vinte horas da tarde do domingo; a metade das vacacións escolares de Semana Santa, Nadal, desfrutando un mes con cada un dos proxenitores no verán.

4. A vivenda familiar quedará en uso e desfrute do fillo menor de idade, en compaña de súa nai, e poderá o outro proxenitor retira-los seus obxectos e efectos persoais e da súa exclusiva pertenza, logo de inventario, tanto do que permanece na vivenda como do que extraia o que a abandona.

5. En concepto de pensión alimenticia, José Benito García Losada aboaralle a María Benita Argibay Torrado a cantidade de 35.000 ptas, mensuais, por meses anticipados, en doce mensualidades ó ano e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, a partir do día 1 de novembro de 1995.

Pola rebeldía de José Benito García Losada, notifíqueselle a presente resolución na forma ordenada no artigo 769 da LAC.

Fágaselles saber ás partes que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, pero que aquela que se considere prexudicada no seu dereito, poderá formular oposición ás medidas adoptadas no prazo de oito días.

Así o manda e asina María Luisa Miranda de Miguel, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira. Dou fe».

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía José Benito García Losada, expido e asino a presente cédula en Ribeira o trece de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9601222