Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.314

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (192/1994).

En virtude do acordado por José Manuel Vilela Lage, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data, dictada no Or. suma Hip. artigo 131 da Lei hipotecaria nº 00192/1994, seguido neste xulgado a pedimento de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., BBV, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Grela, S.L., en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a pública poxa, por primeira vez, o seguinte predio:

Urbana.-Casa de planta baixa e sobrado, sinalada co nº 5 da Praza de Macías, que ocupa a superficie de sesenta metros cadrados. Linda: esquerda, entrando, ó leste, casa de Encarnación Iglesias; dereita e oeste, herdeiros de Pilar Eiriz; norte ou fronte, praza da súa situación; e de costas, ou sur, casa de herdeiros de Emilio Latorre. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 527, libro 124, folio 90, predio 16.622.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Tetuán, s/n desta cidade, o día 23 de abril, ás 10.30 horas, e prevéñense os licitadores de que:

Primeiro.-O tipo da poxa é de 16.500.000 ptas., fixado na escritura de préstamo, e non se admitirán ofertas que non cubran a dita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar na conta deste xulgado nº 157500018019294, do Banco Bilbao Vizcaya, o 20% da dita cantidade, e sen este requisito non serán admitidos.

Terceiro.-Poderá facerse o remate en calidade de cederllo a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Que os autos e certificacións ós que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na Secretaría deste xulgado, e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada.

Sexto.-Que as cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistenes, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 23 de maio, ás 10.30 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración; celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día 25 de xuño, ás 10.30 horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón o nove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

1242