Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.314

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (278/1995).

En cumprimento do acordado por resolución con data 5 de febreiro de 1996, pola xuíza de primeira instancia e instrucción de Muros (A Coruña), faise saber que neste xulgado e co número 278/1995, a pedimento de María del Carmen Candamo León, sobre declaración de falecemento do seu esposo César Lorenzo Candamo Candamo, veciño de Muros, con domicilio en S. Roque, nº 9.

César Lorenzo Candamo Candamo, de profesión mariñeiro, estaba enrolado nun pesqueiro chamado Cizurquil, con base no porto de Muros. Esta embarcación naufragou debido ó embate que sufriu por parte dun barco de mercadorías iraquí nos arredores de Fisterra, o día 3 de maio de 1982. Desde esa data, nunca se tivo noticia de César Lorenzo Candamo Candamo, de corenta e nove anos de idade, nin apareceu o seu corpo.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da LAC, en relación cos artigos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia, por dúas veces e con intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno

poida comparecer ante este xulgado para ser oído no mencionado expediente.

Dado en Muros, 5 de febreiro de 1996.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9601370