Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.315

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (356/1977).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela se tramitan autos de menor contía nº 356/1977, a pedimento de María Teresa Valiñas García, representada polo procurador Fernández Rial, contra Divina Ferro Patiño e outros. E por providencia do día da data, acordouse requiri-los herdeiros de Manuela Vilouta Dopazo, co fin de que no termo de dez días comparezan en autos baixo os apercibimentos legais.

E para que así conste e lles sirva de cédula de requirimento en forma ós herdeiros descoñecidos e incertos de Manuela Vilouta Dopazo, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

9601843