A) Asistencia técnica.
1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alargamento e mellora da estrada OU-122. Treito: Sobradelo-Casaio.
Clave: N/OU/87.5.
Orzamento: cinco millóns oitocentas oitenta e seis mil vinteseis pesetas (5.886.026 ptas.).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: non se esixe.
2. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada C-550. Treito: Cee-Fisterra.
Clave: N/AC/87.1.5.
Orzamento: sete millóns cincocentas vinteoito mil setecentas dúas pesetas (7.528.702 ptas.).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: non se esixe.
3. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada AC-432. Treito: Vimianzo-Camariñas.
Clave: N/AC/91.14.
Orzamento: nove millóns novecentas oitenta e cinco mil oitocentas catorce pesetas (9.985.814 ptas.).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: non se esixe.
(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).
B) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que
non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que no coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1996.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
1356