Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 1996 Páx. 2.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1996, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de San Cristovo de Dormeá (Boimorto-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de San Cristovo de Dormeá (Boimorto-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 217/1992, do 24 de xullo (DOG nº 148, do 31 de xullo), que a xunta local da zona na súa reunión do 26 de xaneiro de 1996, aproboú as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Boimorto e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, suprficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra destas bases os interesados poden interpoñe-lo recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, dentro do prazo dos trinta días sinalado, na Xefatura de Estructuras Agrarias (edificio admi

nistrativo, Monelos s/n, 6ª Planta, A Coruña), ou nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

1357