Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o prego de cargos formulados no expediente sancionador número 2/1995, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Intentada a notificación directa ós interesados do prego de cargos no expediente de referencia, e ó non poder efectuar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galiciado seguinte:

Expediente sancionador: C-2/1995.

Interesados: Recreativos Chacón sito na rúa San Lázaro, 14 baixo do concello de Santiago de Compostela e outras persoas que puidesen resultar responsables.

Prego de cargos:

«Segundo o contido da acta do 12 de xaneiro de 1995, efectuada polos inspectores de xogo da Xunta de Galicia no establecemento Bar Fenisterre, sito na rúa da Coruña nº 28 do concello de Fisterra, observouse que o dito local tiña instalada una máquina chamada mini tómbola de reloxos, sen placas nin autorizacións, feito que podería constituír falta grave ou moi grave segundo os artigos 28 e 29 da Lei 14/1985, da Xunta de Galicia, modificada pola Lei 7/1991, por infracción dos artigos 19, 20 e 21 do Decreto 374/1986, modificado polo Decreto 247/1990, e sancionable segundo o artigo 31 da citada Lei 14/1985».

Comunícaselles ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar e no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para que nun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte o da notificación, alegue e presente a documentación que coide pertinente na súa defensa.

A Coruña, 15 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

96-1797