Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o prego de cargos formulados no expediente sancionador número 33/1995, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Intentada a notificación directa ós interesados do prego de cargos no expediente de referencia, e ó non poder efectuar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galiciado seguinte:

Expediente sancionador: C-33/1995.

Interesados: Asociación Cultural de Minusválidos (ASCUMI), sita na na rúa Alava número 5 de Fuenlabrada (Madrid) e outras persoas que puidesen resultar responsables.

Prego de cargos:

«Segundo o contido da acta do 4 de outubro de 1995, efectuada polos inspectores de xogo da Xunta de Galicia no establecemento Mesón As Troitas, sito na Avda, das Mariñas nº 9 do concello de Oleiros, e tendo en conta o informe da inspección do 19 de outubro de 1995, observouse que o dito local tiña instalada unha máquina chamada mini tómbola tradicional, sen placas nin autorizacións, feito que podería constituír falta grave ou moi grave segundo os artigos 28 e 29 da Lei 14/1985, da Xunta de Galicia, modificada pola Lei 7/1991, por infracción dos artigos 19, 20 e 21 do Decreto 374/1986, modificado polo Decreto 247/1990, e sancionable segundo o artigo 31 da citada lei 14/1985».

Comunícaselles ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar e no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para que nun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte o da notificación, alegue e presente a documentación que coide pertinente na súa defensa.

A Coruña, 15 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

1411