Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o prego de cargos formulados nos expedientes sancionadores, incoados ó abeiro da Lei 14/1985, que se citan (C-9/1995 e dous máis).

Intentada a notificación directa ós interesados do prego de cargos no expediente de referencia, e ó non poder efectuar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Expedientes sancionadores: C-9/1995; C-13/1995 e C-17/1995.

Interesados: Complejo Educativo, S.A. sita na rúa Mallorca 250 ático do Concello de Barcelona e outras persoas que puidesen responsables.

Prego de cargos:

«Segundo os contidos das actas dos días 2 de marzo de 1995; de 23 de marzo de 1995, ampliada cun informe do 9 de maio de 1995 e do 12 de xullo de 1995, ampliada un informe do 27 de xullo de 1995 efectuadas polos inspectores de xogo da Xunta de Galicia, nos establecementos Bar Avenida, sito na Praza do Instituto nº 1 de Melide; Bar Marina, sito na Praza do Curro-Portosín de Porto do Son e Cafe Bar Pepe sito na rúa Fraga Iribarne de Cariño, respectivamente, observouse que os ditos locais tiñan instaladas, no primeiro e no segundo local unha máquina tipo «B» mini tómbola de reloxos e no terceiro xogo das froitas, sen placas nin autorizacións, feito que podería constituír falta grave ou moi grave segundo os artigos 28 e 29 da Lei 14/1985, da Xunta de Galicia, modificada pola Lei 7/1991, por infracción dos artigos 19, 20 e 21 do Decreto 374/1986, modificado polo Decreto 247/1990, e sancionable segundo o artigo 31 da citada lei 14/1985».

Comunícaselles ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar e no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para que nun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, alegue e presente a documentación que coide pertinente na súa defensa.

A Coruña, 15 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

1410