Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución, modificacións, disolucións e cancelación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da Sociedade

Agraria de Transformación, constituída conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscrita no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como a constitución, modificacións, disolucións e cancelacións que se citan.

A constitución de:

A sociedade agraria de transformación Productores Asociados de Cerceda S.A.T. nº 920 XUGA, obxecto social: venda de leite; capital social: 750.000 pesetas; nº de socios: 15.

A sociedade agraria de transformación Casal-Vilar S.A.T. nº 921 XUGA, obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 600.000 ptas.; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación As Fontiñas S.A.T. nº 922 XUGA; obxecto social: producción gandeira; capital social: 6.000.000 de ptas.; nº de socios: 3.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Buriz S.A.T. nº 519 XUGA, nas asembleas xerais do 7 de outubro de 1993 e 31 de xaneiro de 1994, acordaron por maioría respectivamente acepta-la baixa de dous socios coas adquisicións dos resgardos por outros dous socios: Josefa Alcalde Abalo e Mª Eugenia Sánchez Ocampo sen que se produza variación do capital social e nomeamento da xunta rectora:

-Presidente: Daniel Sánchez Balado.

-Secretaria: Concepción Ocampo Otero.

-Tesourero: Javier Sánchez Ocampo.

-Vocal: Josefa Alcalde Abalo.

-Vocal: Esther Vázquez Ocampo.

-Vocal: Ana Guillermina Roberto García. Facúltase o tesoureiro coa consideración de administrador co mesmo grao de atribucións do presidente e secretaria no uso dos fondos da S.A.T.

A sociedade agraria de transformación Labradíos de Silvarredonda S.A.T. nº 855 XUGA, na asemblea xeral do 17 de outubro de 1995 coa asistencia de maioría dos socios aproban por unanimidade admiti-los 37 socios novos pasando así de 20 a 57 socios e producíndose un aumento de capital social que pasa de 20.000 ptas. a un definitivo capital social de 57.000 ptas. en 57 resgardos de 1.000 ptas./cada un.

A sociedade agraria de transformación Agronosa S.A.T. nº 552 XUGA, na asemblea do 13 de setembro de 1995, acordan por unanimidade aproba-lo nomeamento da xunta rectora: Benito Ramiro Alen, presidente; Ana Cristina Ramiro Armada, secretaria e Ana Armada de León, vocal. Tamén por unanimidade cambian o enderezo social da S.A.T. á praza de Abastos nº 1, posto nº 25 de Ourense.

A disolución:

A sociedade agraria de transformación Cotarel S.A.T. nº 780 XUGA na asemblea xeral do 17 de outubro de 1995, acordan aprobar por maioría a súa disolución e nomean os socios liquidadores para a súa cancelación.

A sociedade agraria de transformación Acuas S.A.T. nº 812 XUGA na asemblea xeral do 30 de setembro de 1993 acordan aprobar por maioría a súa disolución e nomean os socios liquidadores para súa cancelación.

A cancelación:

A sociedade agraria de transformación Cotarel S.A.T. nº 780 XUGA na asemblea xeral do 17 de outubro de 1995, acordan aprobar por maioría a súa

cancelación aceptando o balance final da liquidación.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1240