Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 6 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expediente número 52751).

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de ins

talacións eléctricas aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004, A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación de:

Liña eléctrica a 66 kV, desde a subestación de Mesón ata a subestación de Carballo, no seu percorrido polos concellos de Carral e Ordes.

As declaracións de utilidade pública, das referidas instalacións, que foron outorgadas con data do 21 de outubro de 1993, levan implícitas en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal La Voz de Galicia, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Infórmase os propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou por escrito que se reciba nesta delegación os datos para identificación dos bens que se afectan; e que, de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 6 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 52.751 A.T.

Línea a: 66 kV D.C. Sub. Mesón a Sub. Carballo.

Tramo: Sub. Mesón a L.A.T. Grela-Finsa.

Provincia: A Coruña.

Concello: Carral

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmm

1Os CastrosMonte baixoHros. Antonio Veiras VázquezAs Travesas-Veira

15183 Carral

26520
12-13A Chousa BellaMonte baixoJosé Ramón Vázquez MosqueraEl Portazgo, nº 30

15174 Culleredo

46701.400
2-2/1Chousa de BarMonte baixoMaría Louro LópezBarcula-Ardemil

15689 Ordes

30600
5Chousa de BarMonte baixoRufina Bestilleiro López; Rpta.:

Ricardo Martínez Botana

Barcula-Ardemil

15689 Ordes

625100
6Chousa do BarMonte baixoMaría Louro LópezBarcula-Ardemil

15689 Ordes

6212240
21A CanteiraMonte cavadoFelicidad Villamisar AmorO Cruce, nº 30

15186 Cerceda

116871.740
40CarabelosPasteiroManuel Busto FernándezA Cabra-Barcia

15184 Carral

146571.065
58QuenllónMonte baixoJosé Candal NoyaAdina Vella

15689 Ordes

125
62QuenllónMonte baixoJosé Candal NoyaAdina Vella

15689 Ordes

110
64A PeladaMonte baixoValentina Noya Vilariño;

Rpta.: José Candal Noya

Adina Vella-Mesón do Vento

15689 Ordes

5100
69A RevoltaMonte baixoJosé Candal NoyaAdina Vella-Mesón do Vento

15689 Ordes

15350
73A RevoltaMonte baixoAurora Sánchez BouzasFolgueira-Mesón do Vento

15689 Ordes

8160
74A RevoltaMonte baixoJosé Gómez SánchezEdfº. A Corveira, 156-2ºC

15174 Culleredo

1728160
78Chousa do CampoPasteiroCarmen Fariña BarbeitoMesón do Vento

15689 Ordes

130
80Os CastiñeirosMonte baixoMaría Blanco CandalSalgueiro-Mesón do Vento

15689 Ordes

28480
82A Chousa do CampoMonte baixoAurora Sánchez BouzasFolgueira-Mesón do Vento

15689 Ordes

18912250

9601236