Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración, deseño e maquetación de folletos e carteis da Campaña Verán-96 e dos campos de traballo, nacionais e internacionais.

A Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

Obxecto: subministración, deseño e maquetación de 30.000 folletos e 6.000 carteis da Campaña Verán-96, e 15.000 folletos e 3.000 carteis dos campos de traballo, nacionais e internacionais.

Orzamento: 4.400.000 ptas, co IVE incluído, (catro millóns catrocentas mil pesetas).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 176.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse nun prazo de 10 días contados a partir da data da formalización do correspondente contrato administrativo.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Clasificación esixible: non se esixe.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos interesados para o seu exame, na Dirección Xeral de Xuventude, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 15 horas, sita no complexo administrativo de S. Caetano, bloque 3-1º andar, en Santiago de Compostela, Tfno.: (981) 54 48 21.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 58 43 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (Santiago de Compostela), ás 11 horas do terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

1796