Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de subministracións polo procedemento de concurso aberto, trámite de urxencia.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministracións:

Título: confección, deseño e subministración de 27.000 carteis e 90.000 trípticos dos certames e mostras «Xuventude-96».

Adxudicatario: Publimix, S.L.

Orzamento de adxudicación: 2.286.948 ptas. (Dous millóns dúascentas oitenta e seis mil novecentas corenta e oito pesetas).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

96-1794