Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto e con tramitación de urxencia, para a contratación dunha asistencia/consultoría consistente nos traballos da enquisa de financiamento e gasto do ensino privado, curso 94-95.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de asistencia/consultoría polo procedemento de concurso público aberto e con tramitación de urxencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia/consultoría consistente nos traballos de campo, depuración e gravación dos cuestionarios relativos á enquisa de finanzamento e gasto do ensino privado do curso 1994-95.

2. Orzamento: 3.000.000 de ptas. IVE incluído.

3. Entidade contratante: Instituto Galego de Estatística.

4. Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto e con tramitación de urxencia.

5. Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o día 30 de setembro.

6. Documentación de interese para os licitadores: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

7. Presentación de ofertas: presentaranse segundo o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE, en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

8. Apertura de proposicións: o terceiro día seguinte hábil ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h, nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

9. Fianza provisional: 60.000 ptas.

10. Fianza definitiva: 120.000 ptas.

11. O importe do presente anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

1757