Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de febreiro de 1996 pola que se convocan axudas económicas para a realización de prácticas en alternancia e formación en centros de traballo para alumnos/as que cursan ensinanzas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de formación profesional específica en centros dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

As prácticas en empresas do sector pesqueiro, ademais do seu carácter obrigatorio como módulo de formación nos centros de traballo para os ciclos formativos de formación profesional específica e a súa coveniencia para os alumnos do último curso de FP2, teñen un enorme interese polo seu valor didáctico-pedagóxico e a posibilidade, no eido socio-laboral, de achega-los alumnos/as ó mundo no que se desenvolverá a súa vida profesional.

Por todo isto, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura,

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar axudas cofinanciadas co Fondo Social Europeo, para a realización de prácticas en alternancia e formación en centros de traballo, destinadas a alumnos/as dos últimos cursos de formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica en centros dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-Serán requisitos indispensables para solicitar estas axudas:

2.1. Que exista un concerto de colaboración formativa para a realización de prácticas entre o centro educativo e a empresa ou centro colaborador.

2.2. Que os/as solicitantes estean matriculados no último curso de formación profesional de segundo grao ou nun ciclo formativo de formación profesional

específica en centros dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Esta actividade poderá desenvolverse nunha ou varias empresas con implantación dentro ou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que exista o correspondente convenio de cooperación.

2.3. Para acceder ó período de formación en centros de traballo será preciso, con carácter xeral, ter aprobados tódolos restantes módulos profesionais. O equipo docente poderá autoriza-lo acceso a este período a aqueles alumnos/as que teñan un único módulo avaliado negativamente, sempre que se considere que o alumno/a ten fundadas posibilidades de superalo mediante as actividades de recuperación que se establezan.

O equipo docente dos ciclos poderá denega-lo acceso ó módulo profesional de formación en centros de traballo a aquel alumno/a que teña un manifesto baixo rendemento ou amose insuficiente madurez. Da mesma forma, poderá revoga-la autorización concedida ós alumnos/as para realiza-la súa formación en centros de traballo cando manifesten durante o seu desenvolvemento un baixo rendemento contrastado ou que fosen sancionados en expediente disciplinario.

2.4. Que as solicitudes, que se farán no modelo de impreso que figura no anexo, teñan o informe favorable do director do centro.

2.5. Que o centro presente un proxecto de expediente económico viable, de prácticas en alternancia ou formación en centros de traballo, no que se integren tódalas solicitudes dos alumnos/as do último curso de formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de formación profesional específica.

2.6. Que cada solicitude veña acompañada do correspondente concerto, asinado polo director/a do centro, a empresa colaboradora, o alumno/a, e a xefatura de ensinanzas náutico-pesqueiras. Os contactos coas empresas colaboradoras poderán ser feitos por iniciativa dos alumnos/as solicitantes ou a través do coordinador de emprego, persoa que para tal fin, nomeará o director do centro educativo.

Terceiro.-A contía solicitada por día estará en función da distancia que exista entre a empresa e o domicilio do alumno/a, segundo o baremo seguinte:

-Dentro dun radio de 5 km da residencia do alumno/a310 ptas.

-De 6 km ata 15,00 km515 ptas.

-De 16 km ata 30,00 km720 ptas.

-De 31 km ata 50,00 km1.125 ptas.

-Máis de 50 km (con retorno no día)1.330 ptas.

-Máis de 50 km (sen retorno no día)5.150 ptas.

Cuarto.-O número máximo de xornadas para a formación profesional de segundo grao será de quince e, para os ciclos formativos, as suficientes para completa-las horas que fixa o módulo de formación nos

centros de traballo. A contía da axuda para os ciclos formativos non poderá supera-las 129.000 ptas. no grao superior e as 180.000 ptas. no grao medio.

Non obstante o anterior, se a contía total das solicitudes superase o crédito dispoñible queda autorizada a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para reaxusta-la contía en razón da distancia e do orzamento dispoñible, neste caso, comunicaráselles ós interesados/as a modificación efectuada.

O alumno/a estará acollido á mutualidade do seguro escolar e á póliza de seguro de accidentes de traballo e responsabilidade civil, subscrita polo centro educativo onde cursa as ensinanzas.

Este tipo de axuda é incompatible coas de residencia por razón de estudios.

Quinto.-As solicitudes (anexo) presentaranas os interesados/as nos centros onde estean matriculados nos seguintes prazos:

a) Para os alumnos de 2º curso do ciclo superior e de FP2, nun prazo de 15 días hábiles a partir do 15 de abril de 1996.

b) Para os alumnos do ciclo medio, nun prazo de 15 días hábiles a partir do 15 de setembro de 1996.

Sexto.-Os secretarios dos centros remitirán a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación o proxecto de expediente económico, para prácticas en empresas ou centros de traballo no curso académico 1995/96, no prazo de 10 días a partir do remate de presentación de solicitudes.

A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, unha vez revisadas as solicitudes e os concertos, elevará as propostas á Comisión de Selección e Seguimento de Prácticas en Centros de Traballo, que os reexpedirá, unha vez feita a selección, á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que proceda á súa tramitación.

Séptimo.-A selección das peticións levarase a cabo por unha comisión integrada por:

-O delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou persoa en quen delegue.

-O xefe de servicio de ensinanzas náutico-pesqueiras.

-Os directores dos centros onde se impartan as ensinanzas.

-Os xefes de estudio dos centros onde se impartan as ensinanzas.

-Un funcionario da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, que actuará como secretario/a, con voz e voto.

Oitavo.-A comisión, vistas as solicitudes presentadas e o crédito dispoñible, fará a correspondente proposta de adxudicación de axudas á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Noveno.-A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación comunicará ós centros a concesión ou denegación provisional das axudas, e, se é o caso, a modificación da contía solicitada, segundo o establecido no apartado cuarto desta convocatoria. A partir da data de comunicación abrirase un prazo de reclamación de 10 días.

As reclamacións serán resoltas no prazo dun mes pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Décimo.-Resoltas as reclamacións formuladas, a Dirección Xeral dictará resolución na que se fará consta-las adxudicacións definitivas, contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no prazo dun mes.

A falta de notificación no termo de tres meses determinará a súa denegación presunta.

Décimo primeiro.-O pagamento das axudas farase dunha soa vez, logo da certificación do centro de que as xornadas de prácticas, para as que se solicitou axuda, estanse desenvolvendo de forma axeitada. Neste sentido o centro poderá xustificar cambios de empresas sempre e cando non supoña aumento da contía aprobada.

Ó final das prácticas, o director/a do centro certificará perante a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación a total realización desta actividade.

O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.322S.480.0. Formación Profesional FSE, dos orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, ata un límite de 10.000.000 de pesetas.

Décimo segundo.-O desfrute destas axudas é compatible con outras de carácter xeral a cargo de fondos públicos, sen que supere a suma das axudas concedidas o custo do proxecto.

Décimo terceiro.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación a desenvolve-lo disposto nesta orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febrero de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9601260