Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 9 de febreiro de 1996 pola que se delegan determinadas competencias no director de Recursos Humanos e Relacións Laborais do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Ante a necesidade de garantir que se adopten solucións organizativas eficaces e co fin de conseguir unha maior axilización no trámite e resolución dos asuntos administrativos faise preciso delegar determinadas competencias no director de Recursos Humanos e Relacións Laborais do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, o artigo 3.2º do Decreto 199/1994, do 16 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde, o artigo 72.4º da Lei 11/1992 do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupuestario de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Delégase no director de Recursos Humanos e Relacións Laborais do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela o nomeamento ou contratación de persoal temporal das institucións ou servicios deles dependentes, logo de autorización da correspondente dirección provincial, así como a selección e nomeamento de persoal temporal na categoría de facultativo especialista, sempre que, en tódolos casos anteriores, a duración dos servicios non vai ser superior a tres meses.

Os acordos que se adopten en virtude desta delegación deberán ser notificados á Dirección Xeral de Recursos Humanos e á respectiva dirección provincial.

Disposición derrogatoria

Derróganse cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1996.

José M. Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

1512