Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de febreiro de 1996 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de accións de formación ocupacional cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio de 1996.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 33, do xoves, 15 de febreiro de 1996, cómpre efectua-la siguiente corrección:

No parágrafo primeiro do artigo 8 onde di: «As accións formativas poderán iniciarse ata o 31 de agosto de 1996 e rematarse ata o 31 de xaneiro de 1997, debendo estar xustificados os custos inherentes a elas o 29 de febreiro de 1997», debe dicir: «As accións formativas poderán iniciarse ata o 31 de agosto de 1996 e rematarse ata o 31 de xaneiro de 1997, debendo estar xustificados os custos inherentes a elas o 28 de febreiro de 1997».

96-1743