Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (687/1995).

Jaime Balado Yáñez, secretario do Xulgado do Social número dous dos da Coruña, fai saber que nos autos nº 687/1995, seguidos por instancia de José A. Seoane Carril, contra a empresa Arnoga, S.A. sobre resolución de contrato, dictouse, con data 11 de decembro de 1995, auto que na súa parte dispositiva di:

«Antonio Fernández-Montells y Fernández, maxistrado xuíz, do Xulgado do Social número dous da Coruña, dispoño:

Decreta-la execución polos seus trámites legais correspondentes, derivada da sentencia dictada nos presentes autos, solicitada por José A. Seoane Carril e, en consecuencia, requiri-la empresa Arnoga, S.A. para que satisfaga a cantidade de 177.733 pesetas que se reclama de principal e os xuros que se devenguen desde a sentencia ata o momento do pagamento ó 19.551 máis 17.733 ptas que se calculan para gastos e custas e, de non verificalo no acto, requírese o executado ou os seus administradores ou representantes, de tratarse de persoas xurídicas ou grupos sen personalidade, para que, no prazo máximo de tres días hábiles contados desde a notificación deste auto, de non ter aboada a cantidade obxecto de cons

trinximento, efectúen manifestación sobre os seus bens ou dereitos coa precisión necesaria para garanti-las súas responsabilidades, e deberán, así mesmo, indica-las persoas que ostenten dereitos de calquera natureza sobre os seus bens e, de estaren suxeitos a outro proceso, concreta-los extremos deste que poidan interesar á execución. Advírtaselle ó executado que, se deixa transcorrer inxustificadamente os prazos concedidos nos anteriores requirimentos sen efectua-lo ordenado, e mentres non cumpra ou acredite a imposibilidade de facelo, co fin de obter e asegura-lo cumprimento da obriga que se executa, poderáselle, tras audiencia das partes, impo-lo aboamento de constrinximentos pecuniarios de ata 100.000 ptas por cada día que se atrase na entrega das sumas de diñeiro obxecto de constrinximento ou no cumprimento das obrigas legais que se lle impoñen na presente resolución xudicial.

En virtude dos artigos 270 LOPX e 23 e 273 LPL, notifíqueselle este auto ó Fondo de Garantía Salarial, que deberá, nun prazo máximo de quince días, insta-lo que ó seu dereito conveña e designa-los bens do debedor principal que lle consten.

De non efectua-lo aboamento nos prazos sinalados, procédase ó embargo dos bens da súa propiedade en contía suficiente para cubri-las ditas sumas, e sirva a presente resolución de mandamento en forma para a comisión executiva.

Líbrese exhorto ó xulgado decano de Pontevedra co fin de que sexa notificado este auto e requiridas as cantidades que nel se sinalan.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndollo á empresa Arnoga, S.A. a través do BOP, sinalando que contra esta resolución cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, ante o propio órgano que a dictou.

Así o acorda, manda e asina S.Sª e dou fe.»

E para que lle sirva de notificación a Arnoga, S.A., que se atopa en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, que asino na Coruña o 6 de febreiro de 1996.

O secretario

Rubricado

96-1668