Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto (504/1995).

Jaime Balado Yáñez, secretario do Xulgado do Social número dous dos da Coruña, fai saber que nos autos nº 504/1995, seguidos a pedimento de Jesús Manuel Pérez Trigo contra Manuel Dans Mouriño, sobre cantidade, se dictou con data 10 de xaneiro de 1996, do que a súa parte dispositiva di:

«Antonio Fernández-Montells y Fernández, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña, dispón:

Decreta-la execución polos seus trámites legais correspondentes, derivada da sentencia dictada nos presentes autos, solicitada por Jesús Manuel Pérez Trigo e, en consecuencia, requiri-la empresa Manuel Dans Mouriño, para que satisfaga a cantidade de 378.477 que se reclama de principal e os xuros que se produzan desde a sentencia ata o momento do pagamento, ó 41.632 máis 37.848 ptas que se calculan para gastos e custas e, de non verificalo no acto, requírese o executado ou os seus administradores ou representantes, de tratárense de persoas xurídicas ou grupos sen personalidade para que, no prazo máximo de tres días hábiles contados desde a notificación deste auto, de non teren aboada a cantidade obxecto de constrinximento, efectúen manifestación sobre os seus bens ou dereitos coa precisión necesaria para garanti-las súas responsabilidades, e deberán, así mesmo, indica-las persoas que ostenten dereitos de calquera natureza sobre os seus bens e, de estaren suxeitos a outro proceso,

concreta-los extremos deste que poidan interesarlle á execución. Advírtaselle ó executado que, se deixa transcorrer inxustificadamente os prazos concedidos nos anteriores requirimentos sen efectua-lo ordenado, e mentres non cumpra ou acredite a imposibilidade de facelo, co fin de obter e

asegura-lo cumprimento da obriga que se executa, poderáselle, tras audiencia das partes, impo-lo aboamento de constrinximentos pecuniarios de ata 100.000 ptas por cada día que se retrase na entrega das sumas de diñeiro na presente resolución xudicial.

En virtude dos artigos 270 LOPX e 23 e 273 LPL, notifíqueselle este auto ó fondo de garantía salarial, debendo, nun prazo máximo de quince días, insta-lo que ó seu dereito conveña e designa-los bens do debedor principal que lle consten.

De non efectua-lo aboamento nos prazos sinalados, procédase ó embargo dos bens da súa propiedade en contía suficiente para cubri-las ditas sumas, e sirva a presente resolución de mandamento en forma para a comisión executiva.

Expídanse oficios ós organismos e rexistros públicos e reclámense as certificacións de tódolos bens e dereitos do debedor dos que teñan constancia, e fagan, se fose preciso, as averiguacións legalmente posibles como dispón o artigo 248 da LPL.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndoo á empresa demandada a través do BOP, sinalando que, contra esta resolución, cabe interpor recurso de reposición no termo de tres días contados a partir do seguinte ó da súa notificación ante o propio xulgado. Así o acorda, manda e asina S. Sª. e dou fe».

E para que lle sirva de notificación á empresa Manuel Dans Mouriño, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula para a súa inserción no DOG, que asino na Coruña o 3 de febreiro de 1996.

O secretario xudicial

Rubricado

1079