Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (115/1995).

Jaime Balado Yáñez, secretario do Xulgado do Social número dous dos da Coruña, fai saber que nos autos 115/1995, seguidos a pedimento de Antonio José López Arias, contra Aursa, S.A., sobre salarios, se dictou auto con data tres de xaneiro de 1996, cunha parte dispositiva que di:

«Antonio Miguel Fernández-Montells y Fernández, maxistrado do Xulgado do Social número dous da Coruña, acorda:

Que, admitido o recurso de reposición interposto por Fogasa contra o auto con data 28-11-1995, que se repón no sentido de deixar sen efecto a execución contra Fogasa, quedando invariable o resto do auto. Contra a presente resolución non cabe recurso ningún. Así o acordo e asino. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Aursa S.A., que se atopa en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, que asino na Coruña o 2 de febreiro de 1995.

O secretario xudicial

Rubricado

936