Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.172

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (511/1995).

Jaime Balado Yáñez, secretario do Xulgado do Social número dous dos da Coruña, fai saber que nos autos nº 511/1995, seguidos a pedimento de Alberto Luis V. Bernárdez Matobella contra Restaurante El Figón de Castilla-Esther Alonso, sobre cantidad, se dictou con data do 22 de decembro de 1995, auto de execución do que a súa parte dispositiva di:

«Antonio Fernández-Montells y Fernández, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña, dispón:

Decreta-la execución polos seus trámites legais correspondentes, derivada da sentencia dictada nos

presentes autos, solicitada por Alberto Luis V. Bermúdez Matobella e, en consecuencia, requiri-la empresa Restaurante El Figón de Castilla-Esther Alonso para que satisfaga a cantidade de 424.027 que se reclama de principal e os xuros que se produzan desde a sentencia ata o momento do pagamento, ó 46.643 máis 42.403 ptas que se calculan para gastos e custas e, de non verificalo no acto, requírese o executado ou os seus administradores ou representantes, de tratárense de persoas xurídicas ou grupos sen personalidade para que, no prazo máximo de tres días hábiles contados desde a notificación deste auto, de non ter aboada a cantidade obxecto de constrinximento, efectúen manifestación sobre os seus bens ou dereitos coa precisión necesaria para garanti-las súas responsabilidades, e deberán, así mesmo, indica-las persoas que ostenten dereitos de calquera natureza sobre os seus bens e, de estaren suxeitos a outro proceso, concreta-los extremos deste que poidan interesarlle á execución.

Advírtaselle ó executado que, se deixa transcorrer inxustificadamente os prazos concedidos nos anteriores requirimentos sen efectua-lo ordenado, e mentres non cumpra ou acredite a imposibilidade de facelo, co fin de obter e asegura-lo cumprimento da obriga que se executa, poderáselle, tras audiencia das partes, impo-lo aboamento de constrinximentos pecuniarios de ata 100.000 ptas por cada día que se retrase na entrega das sumas de diñeiro obxecto de constrinximento ou no cumprimento das obrigas legais que se lle impoñen na presente resolución xudicial.

En virtude dos artigos 270 LOPX e 23 e 273 LPL, notifíqueselle este auto ó fondo de garantía salarial, debendo, nun prazo máximo de quince días, insta-lo que ó seu dereito conveña e designa-los bens do debedor principal que lle consten.

De non efectua-lo aboamento nos prazos sinalados, procédase ó embargo dos bens da súa propiedade en contía suficiente para cubri-las ditas sumas, e sirva a presente resolución de mandamento en forma para a comisión executiva.

Non procede a acumulación ós autos 257/1995 como se solicita no escrito, por atoparse o dito expediente arquivado.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndoo á empresa El Figón de Castilla a través do DOG, sinalando que, contra esta resolución, cabe interpor recurso de reposición no termo de tres días contados a partir do seguinte ó da súa notificación ante o propio xulgado.

Así o acorda, manda e asina S Sª. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación á empresa El Figón de Castilla-Esther Alonso, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, que asino na Coruña o 30 de xaneiro de 1996.

O secretario

Rubricado

938