Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.172

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (223/1995).

O xuíz de primeira instancia e instrucción número dous de Carballo e o seu partido, en resolución desta data, dictada en autos de xuízo ordinario sumario hipotecario artigo 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 223 de 1995, a pedimento de Caixa de Aforros de Galicia, representados pola procuradora Trigo Castiñeira, contra Celestino Varela Pose e Luz Divina García Muíño, dictou a seguinte resolución:

O anterior escrito da parte demandante únase ós autos da súa razón e practíquese o interesado en aplicación do artigo 269 LAC, en relación coa regra 4ª artigo 131 da Lei hipotecaria requírese de pagamento ós debedores con requisitos sinalados a regra 3ª do artigo 131 da Lei hipotecaria a Celestino Varela Pose e Luz Divina García Muíño, co fin de que no prazo de dez días contados a partir da publicación do edicto no DOG, faga efectiva a cantidade de 7.474.018, baixo apercibimento de que, de non verificalo, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

Insírase o edicto no taboleiro de anuncios deste xulgado, Xulgado de Paz de Cambre, por se-lo último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia, edictos que lle serán entregados ó procurador da parte demandante, co fin de que coide da súa dilixencia e reporte.

E para que lles sirva de notificación e requirimento ós demandados Celestino Varela Pose e Luz Divina García Muíño, dos que se descoñece o domicilio, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, taboleiro de anuncios deste xulgado e taboleiro de anuncios do Xulgado de Paz de Cambre, expido o presente edicto que asino en Carballo o vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

863